Deporte

Nigrán terá novas pistas de pumptrack e skate

Foron demandadas por rapazada que practica bmx e surf

l. c.

O Concello de Nigrán construirá o vindeiro ano unha pista de pumptrack en Vilariño, no parque de Poutón, e un half-pipe na contorna de Patos, en Cansadoura. Ambas infraestruturas foron demandadas no primeiro caso por rapazada do municipio que practica bmx e, no segundo, polas escolas de surf, xa que o adestramento con skate resulta especialmente idóneo cando a mar non reúne condicións para impartir clases.

Para o pumptrack contémplanse os 1.000 m² pegados ao parque de Poutón e unha superficie moito menor para un half ao lado do parque infantil e o mercado dos sábados.

O Concello investirá 80.000 euros na construción destas dúas infraestruturas.