Patrimonio

Redondela recupera o camiño de Porto Cedeira ata o centro da vila

Con 2 quilómetros de lonxitude conta cun traxecto a pé da costa

Un dos tramos da ruta.   | // FDV

Un dos tramos da ruta. | // FDV / l. c.

l. c.

Redondela conta nun novo paseo saudable dende Porto Cedeira ata o centro da vila tras coller o camiño da Portela. Un paseo a pé da costa para coñecer a riqueza natural e histórica de Redondela. Son en total 2.000 metros de percorrido, 500 deles entre a zona intermareal e a Portela e os 1.500 restantes desde a Portela ata a Alameda Castelao de Redondela.

Os traballos de acondicionamento consistiron no rozado do camiño e das marxes, a preparación do camiño en si e balizado, a limpeza de cuneta, instalación de paso de auga, pavimentación da senda e instalación de mobiliario. Por outra banda, para divulgar tanto os valores naturais e culturais, coma os elementos do patrimonio etnográfico e a microtoponimia da zona, incluíronse paneis informativos e interpretativos.

No sendeiro poden atoparse elementos etnográficos de interese como lavadoiros e sebes tradicionais. A súa situación, dentro da Rede Natura 2000 e a Enseada de San Simón fan deste roteiro un lugar de gran interese cun percorrido que se integra na paisaxe.