Eurocidade

Monção-Salvaterra pon en marcha un plan de envellecemento activo

Levaranse a cabo actividades dinamizadoras para persoas maiores

Reunión de traballo da Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño.   | // FDV

Reunión de traballo da Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño. | // FDV / l. c.

l. c.

Bota a andar o proxecto REDE_GOV_MINHO da Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño coa celebración da primeira reunión de traballo, logo de que fose concedido a través da AECT Río Miño. O proxecto piloto, financiado con 85.000 euros procedentes da Interreg Poctep, permitirá o desenvolvemento de diferentes actividades para o envellecemento activo.

Así, o plan está dirixido a persoas de máis de 65 anos da Eurocidade Monção-Salvaterra de Miño e conleva accións que fomentan a súa autonomía como a realización de eventos, actividades como a creación de grupos de conversación e prensa, ximnasia, xogos, actividades de estimulación, saídas grupais ou excursións conxuntas.

Conscientes das necesidades da poboación maior de 65 anos, que actualmente en Salvaterra de Miño supera as 2.000 persoas, con este programa búscase promover medidas que favorezan a súa integración social e melloren a súa calidade de vida. Para estas iniciativas o concello salvaterrense consegue máis de 40.000 euros cos cales se poderá sacar adiante este proxecto que dará comezo o vindeiro ano.