Parroquia

A Guarda celebra hoxe a Romaría de Santa Trega con música e xantar

Tralos oficios relixiosos terán lugar as tradicionais poxas cunha monumental torta

Procesión na Romaría de Santa Trega.   | // FDV

Procesión na Romaría de Santa Trega. | // FDV / l. c.

l. c.

A Guarda acolle un ano máis a Romaría de Santa Trega hoxe sábado, 23 de setembro. Trátase dun evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega neste monte guardés a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

Dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Trega acolle varias misas. Así haberá liturxia ás 08.00, 09.00 e 10.00 horas e ás 11.30 horas terá lugar o sermón e misa solemne seguida da procesión.

Tralo remate dos actos relixiosos celébranse as tradicionais poxas de produtos típicos, cunha monumental tarta que sempre agocha algún gran premio no seu interior.

A tradición manda realizar un xantar popular, onde as familias se reúnen para comer, cantar e bailar ata a tardiña, onde o son das gaitas, acordeóns, pandeiretas e tamboriles acompañan a sobremesa.

Dende o Concello da Guarda recórdase á poboación o deber de respectar o patrimonio, sinal de identidade do pobo, evitando maltratar ou acceder a zonas patrimoniais coma a Citania de Santa Trega.