Deporte

A canteira do surf galego loce en Patos

A canteira do surf galego loce en Patos

A canteira do surf galego loce en Patos

Gran actuación de tódolos deportistas galegos das categorías Sub 12 e Sub 16 que participaron o pasado sábado na segunda proba da Liga Galega Interescolas organizada pola Federación Galega de Surf e Bodyboard, Prado Surf Escola e o Concello de Nigrán. Aínda que o día amenceu nubrado o sol apareceu rápido dando paso a temperaturas propias do verán galego de setembro, con olas á altura do peito.

O escenario era “o idílico” segundo a organización, e todos os mozos surfistas demostraron alta motivación e nivel ao longo de toda a xornada.

Á entrega de premios acudiu o alcalde de Nigrán, Juan González; a concelleira de Deporte, Sara Penedo e o presidente da Federación Galega de Surf, Román Díez que felicitaron persoalmente á nova e prometedora canteira do surf da nosa Comunidade.