Gastronomía
Covelo entrega os seus premios do concurso de croquetas, tortillas e sobremesas
O Concello de Covelo entregou os premios do XII concurso gastronómico Festas Patronais de Covelo celebrado na praza Mestre Cerviño. As persoas membros do xurado formado pola pasteleira Oly Luiggi, veciña que traballa no restaurante El Juliana en Vigo; Virtudes Diéguez, famosa pola súa longa traxectoria ao fronte do bar Gómez de Covelo e Iván Méndez, cociñeiro da Cidade Deportiva do Celta, outorgaron os premios do concurso de croquetas, o de tortillas e o de sobremesas. No concurso de croquetas, na categoría de sabor fíxose co premio Macarena Varela e na categoría orixinalidade, María Anuncia Martínez. No concurso de sobremesas Lucía Fernández gañou na categoría sabor e na de presentación, Andrea Vidal. Susana Prieto resultou a gañadora no concurso de tortilla.
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Arbo prepara unha LXIV Festa da Lamprea para toda a familia
- “O amor debe liberarse da racionalidade para ser auténtico”
- As festas de San Telmo resisten ao temporal cun éxito rotundo
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación
- As Músicas no Miño volven do 12 ao 15 de setembro
- O epicentro do atletismo comarcal está no Porriño