Efeméride

Salceda celebra o Día da Nai

O comercio local repartiu 1.200 euros en 32 tarxetas regalo

Entrega dun dos vales para gastar no comercio asociado.   | // D. P.

Entrega dun dos vales para gastar no comercio asociado. | // D. P. / l. c.

l. c.

Como cada primeiro domingo de maio, mañá, celébrase no noso país o Día da Nai, e no Concello de Salceda de Caselas xa o estiveron festexando ao longo de toda esta semana as 32 persoas agraciadas con unha das tarxetas regalo que sorteou a Asociación de Comerciantes e Industriais de Salceda (Acisa). Trátase dunha campaña, organizada coa colaboración do Concello, na que se repartiron un total de 1.200 euros en tarxetas de 30 e 50 euros para gastar nos comercios asociados ao longo desta semana.