Cultura

A obra teatral “Menuda familia!” chega a Santiago de Oliveira

Mañá, ás 19.00 horas, sesión de comedia de balde

V.P.

O programa Cultura24 segue subindo o pano cada fin de semana. Ao abeiro desta iniciativa, o Concello levará mañá domingo, 7 de maio, ao centro cultural Os Muíños de Santiago de Oliveira a obra “Menuda familia!”, unha comedia coa que o grupo de teatro Seliña conquistará a público de todas as idades.

A Asociación Cultural Evaristo de Sela de Arbo fundou o seu grupo de teatro no ano 2014 e, dende entón, esta formación teatral percorreu os escenarios do sur da provincia de Pontevedra representando obras da autoría do taller de teatro da propia asociación.

Un divertido espectáculo para todas as idades que comezará ás 19.00 horas e que, como en todas as actuacións do programa Cultura24, será con entrada de balde ata completar aforo.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, anima a veciñanza a achegarse “para pasar un rato de lecer”.