Universidade

A biblioteca municipal de Nigrán é obxecto de estudo de futuros arquitectos

A biblioteca municipal de Nigrán é obxecto de estudo  de futuros arquitectos

A biblioteca municipal de Nigrán é obxecto de estudo de futuros arquitectos

A biblioteca municipal do Concello de Nigrán está a ser obxecto de estudo na facultade de Arquitectura da Universidade da Coruña. Con este obxectivo, o edificio recibiu antonte a visita do alumnado de 2º curso da materia Análise Arquitectónica, que terá como parte práctica o debuxo das plantas, os alzados ou a análise da axonometría deste espazo elixido como a mellor obra de nova planta en toda Galicia dos anos 2020-2021 na XX edición dos Premios COAG. O grupo, acompañados dos profesores do departamento, realizou unha visita guiada a cargo dos propios artífices, Lucas Gándara e Juan Pons, quen tamén xa lles impartira unha conferencia na facultade, e foi recibido polo alcalde, Juan González. “É un orgullo que a nosa biblioteca se estude na Universidade. Pese a ser tan recente, é xa un edificio icónico de Nigrán que nos sitúa no mapa da mellor arquitectura moderna de todo o país e que, de por si, atrae a visitantes de fóra interesados en coñecela”, subliñou o rexedor local.