Educación

Repártense 760 exemplares de “En Gondomar amamos a auga”

O Concello conmemora o Día Mundial da Auga

Reparto de libros.   | // FDV

Reparto de libros. | // FDV

l. c.

O Concello de Gondomar celebrou o Día Mundial da Auga cunha entrega de libros nos centros de ensino primario Chano Piñeiro, Neira Vilas, Souto-Donas e Serra Vincios. O concelleiro de Medio Ambiente, Brais Misa, fixo entrega a 760 escolares do libro “En Gondomar amamos a auga”. Trátase dun manual de bos usos, no que ademais explicase o ciclo integral da auga e a importancia das medidas de aforro.

Os escolares recibiron tamén unha libreta conmemorativa deste xornada e participaron posteriormente nunha charla informativa.

Xornada informativa

Os actos conmemorativos deste día mundial completáronse cunha xornada informativa, no centro neural, aberta a toda a cidadanía. Primeiro realizouse o obradoiro “Auga subterránea e as traídas veciñais” e, a continuación, unha visita guiada pola beira do río.

A xornada foi organizada por Coxapo en colaboración coa Universidade de A Coruña, o Centro de Investigacións Científicas Avanzadas e a Asociación Internacional de Hidrogeólogos.