Nigrán

A familia Villar premiada pola súa traxectoria deportiva

Levará un do medio cento de galardóns que se entregarán hoxe na III Gala do Deporte

A familia Villar levarán o galardón a “Traxectoria Deportiva”.   | // FDV

A familia Villar levarán o galardón a “Traxectoria Deportiva”. | // FDV / l. c.

l. c.

O Concello de Nigrán celebra hoxe ás 20.00 horas, no auditorio municipal a súa terceira Gala do Deporte, na que se premiarán a preto de 50 deportistas e entidades de todo o municipio que son referente en diferentes disciplinas.

O nome dos premiados de cada categoría non se desvelará ata o propio momento da gala, pero o Concello deu a coñecer xa algunhas mencións especiais coas que homenaxeará a persoas retiradas ou eventos. Entre elas figuran o equipo de enfermeiros do Centro de Saúde Val Miñor, que promoveu a práctica da marcha nórdica entre a veciñanza; as atletas retiradas de Panxón, Carmen Costas, Dolores Vázquez ‘Loli’, Constantina Penedo ‘Tinita’ e Jenny e Patricia Massó; o memorial Pablo Ramilo, que cada ano se celebra en Parada; o nadador vasco Iñaki Santurtún, que todos os días nada nas augas abertas de Panxón, ou o xinete internacional portugués Manuel Gonçalves Da Silva, residente tamén en Nigrán.

Entre os premiados, a novidade é que por vez primeira haberá un galardón triplemente compartido na categoría ‘Traxectoria Deportiva’: as tres xeracións da familia Villar, afincados en Camos desde hai máis de 40 anos, encabezada polo histórico futbolista do Celta Luís Villar, o seu fillo Alejandro (fundador da E.D.Val Miñor Nigrán) e o neto Pedro Villar (xogador cadete do F.C. Barcelona e capitán na selección galega).

Pola súa banda, o Centro Comercial Nasas será premiado tamén polo seu compromiso social patrocinando no municipio deportes como a petanca ou o fútbol

“Será unha gala na que homenaxear aos nosos deportistas e darlles a visibilidade que merecen, xa que moitos deles practican disciplinas moi pouco recoñecidas, ademais de existir unha fenda de xénero cando se trata de mulleres deportistas”, explica o alcalde, Juan González.