O Cineclube Entrecortiñas proxecta a película “A Costa dos Murmúrios”
Será mañá venres no Auditorio da Illa a partir das 20.30 horas e en versión orixinal

Fotograma de "A Costa dos Murmúrios".
O Cineclube Entrecortiñas segue cara adiante con diversas iniciativas vencelladas o mundo do espectáculo. Nese senso, proxectará mañá venres ás 20.30 horas a película “A Costa dos Murmúrios” no auditorio da Illa de Arousa en versión orixinal subtitulada ao castelán.
Despois de dous documentais, o colectivo de amantes do cinema trae agora un filme de ficción ambientado no Mozambique de finais dos anos 60. Evita, unha rapaza portuguesa, chega a Mozambique para casar con Luís, un soldado salazarista. Ela dase conta que el xa non é a mesma persoa, perdeu a inocencia. Cando marcha á guerra, queda soa paseando pola cidade onde descubrirá unha liberdade e xeito de vida totalmente diferente.
Desde o Cineclube Entrecortiñas queren agradecer públicamente ao Instituto Camões de Vigo o apoio mostrado con esta iniciativa. “De seguro habemos proxectar máis películas da lusofonía. As nosas olladas irán próximamente cara ó centro de Europa, xa que temos previsto un ciclo de cine alemán en colaboración co Instituto Goethe”, apuntan desde o colectivo dirixido por Maruxa Allo e que recorda que ten as postas abertas para todas aquelas personas que queiras asociarse á iniciativa.
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- El antiguo concesionario Opel de la Avenida de Madrid será un hotel de 3 estrellas y 132 habitaciones
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- La afición del Friburgo se rinde al «aura» de Balaídos y Vigo: «Estuve en muchos estadios y esto es una experiencia 10/10 »
- Un ourensano intenta pasar la ITV con un coche y una caravana vinculados a una estafa sufrida por un riojano
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- El Concello de Moaña contrata, por primera vez, un técnico para acelerar las tramitaciones en todos los departamentos
- Un desahucio sin inquilinos en Vigo que se prolongó año y medio: «Se fueron, dejaron de pagar el alquiler pero no pudimos entrar hasta ahora»