SPUTNIK | ESCRITORA

Temos un problema

Dani Alves

Dani Alves / ANDREU DALMAU

Ledicia Costas

Ledicia Costas

Esta semana Carlos Mouriño compareceu en rolda de prensa analizando a temporada do Celta.

Ante as preguntas sobre Santi Mina, Mouriño fixo unhas declaracións que acabaron ocupando titulares:

«Santi Mina tivo un problema, mais non deixa de ser un xogador da canteira. Fóra diso, que é condenable ao 100%, non temos ningún problema con el»

Carlos Mouriño

— Presidente del R.C. Celta

Chamarlle «problema» a unha condena de catro anos de prisión por abuso sexual é utilizar un eufemismo dun xeito sinuoso, figura retórica frecuente cando se tratan de feitos que atentan contra a liberdade, integridade ou indemnidade sexual das mulleres. Santi Mina non tivo un problema. Santi Mina foi condenado pola Audiencia Provincial de Almería, sentencia que recorreu. Días despois, saía á luz unha entrevista a Dani Alves. O exfutbolista está en prisión preventiva á espera de xuízo por un presunto delito de agresión sexual. É Dani Alves culpable? Non existe sentencia, de momento só é presunto. Mais existe risco de fuga, non hai tratado de extradición entre España e Brasil, e os delitos polos que é acusado son graves, por iso está onde está.

Santi Mina, condenado y apartado

FDV / Celta Media / Atlas / Carlos Barba / Edición: M. C.

É xusto darlle voz desde prisión, inocular a dúbida na cidadanía e abrir un xuízo mediático que só prexudica á vítima? En diversos medios explicaban que Alves rompía o seu silencio para defender a súa inocencia, apelando a que non foi condenado. O único lugar onde pode defender a súa inocencia é no xulgado. E tamén no programa de Ana Rosa, claro. De feito, a propia presentadora soltou durante a entrevista algunha perla digna de enmarcar: “o que conta (Dani Alves) coincide máis que o que di a vítima”, afirmou. Ana Rosa non entrevistou á vítima, entrevistou ao home que está en prisión preventiva e sobre o que pesa a acusación. Un señor que cambiou ata tres veces de versión. Pregúntome cal desas tres versións é a que “coincide máis” coa realidade dos feitos, conforme ao criterio da presentadora.

Dani Alves rompe su silencio por primera vez desde que entró en prisión preventiva acusado de haber violado a una joven

Agencia Atlas

O exfutbolista empezou a súa intervención pedíndolle perdón “a única muller á que lle teño que pedir perdón”. E o que veu a continuación foi un discurso onde inverte os papeis colocándose el na posición de vítima. A cuestión é máis profunda do que parece. Porque xustifica os seus cambios de versión sobre os feitos asegurando que foron estratexias para ocultarlle á súa muller a “infidelidade” (presunta agresión sexual) que cometeu o 23 de xaneiro. Dani Alves preséntase coma un mártir que actuou de xeito torpe por amor e, ademais, engadiu que ignora por que a vítima fixo o que fixo, pero el xa a perdoou.

Culpabilizar as mulleres, poñelas no centro dunha diana aproveitando o foco mediático, vender esa imaxe reaccionaria e perversa que nos mostra coma seres horribles que arruinamos a vida dos homes coas nosas mentiras, é unha estratexia que favorece e apoia o discurso dos partidos políticos de extrema dereita, os mesmos que negan a existencia da violencia machista. Convén lembrar que o número de denuncias falsas por violencia de xénero é o 0,01%. É curioso como nos aferramos á presunción de inocencia para lavar a imaxe dos nosos ídolos, pero non temos reparos en poñer en dúbida ás mulleres apelando a que se quere facer famosa, quere gañar cartos á costa del, busca popularidade. Esta semana, na liña da suposta busca da fama das mulleres que tenden trampas a homes famosos, lin un tweet que me pareceu lapidario. Falaba de que Bill Cosby violara a máis de 40 mulleres, e lanzaba unha pregunta: es quen de dicir nome dalgunha delas? Eu engado outra pregunta: coñeces o nome da vítima do abuso sexual de Santi Mina? Eu tampouco.

Suscríbete para seguir leyendo