Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Gargallada tras gargallada, co Festiclown

Regresa co lema “A Festa da Risa”

Cinco días animando as rúas de Vilagarcía

A fundacion Tchyminigagua, estará nesta edición de Festaclown.

A fundacion Tchyminigagua, estará nesta edición de Festaclown. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Arousa

Se San Roque é unha das Festas máis importantes de Arousa é por algo. Así, ademais dos eventos culturais e relixiosos que xiran en torno á figura do Santo, danse cita diferentes espectáculos e festivais para todo tipo de público: porque si, o Festaclown non podía faltar á súa cita en Vilagarcía.

Un ano más, o evento de humor reúne aos arousanos evento de humor reunirá aos arousanos do próximo día 19 ata o 24 de agosto, culminando cinco días de espectáculos cun elenco de excepción.

No Festiclown participarán compañías e artistas de primeiro nivel que farán disfrutar ao público percorrendo as rúas coas súas actuacións, en horario de mañá e tarde.

De Animaclown ata teatro

Os encargados de dar comezo a este festival son Tchimizayaguass, que ás 19:30h do día 19 recorrerán as rúas dentro do apartado Animaclown. É a primeira vez que este espectáculo colombiano chega a Galicia, e o fai coa súa forza, ritmo e enerxía, cunha linguaxe acrobática, teatral e circense propia.

As 21h do mesmo día chega As Meninas, coas súas personaxes travesas e impetuosas.

O día 20, aterriza na Praza de Galicia a comedia Burbuja, chea de pompas de xabón onde o público é o protagonista.

Pepa a Loba de Cris Collazo chega ao Parque de Miguel Hernández o mércores 21, o mesmo día que o fan Crunch 2, os dous superheroes máis queridos do circo nunha nova aventura, e Chouf Le Ciel, que estrea en Galicia o seu espectáculo de malabares, acrobacias, danza e explosivos voos de altura.

A Nena Lentella, Mal de Tontos ou Cataplúm! son só algúns dos nomes dun cartel que cada día irá completándose, ata chegar ao gran peche que, un ano máis, ven da man dun espectáculo de maxia e humor. Neste caso de Miguel de Lucas, Premio Nacional de Maxia e presentador do programa de La 2 de TVE “Un país mágico”.

Tracking Pixel Contents