A CEP conciencia sobre os trastornos músculo-esqueléticos no entorno laboral
Estas patoloxías poden deberse a factores de risco físicos ou propios da persoa traballadora

A CEP conciencia sobre os trastornos músculo-esqueléticos no entorno laboral. / Cedida
A Confederación Empresarial de Pontevedra (CEP) en colaboración coa Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Galicia está a sensibilizar sobre a importancia de previr os trastornos musculo-esqueléticos (en diante TME), que son as lesións específicas que afectan a ósos, articulacións, músculos, tendóns e nervios, constituíndo na actualidade un problema de saúde laboral frecuente.
Alteran a saúde, incrementan os custos de produción e sanitarios, causando prexuízos a toda a cadea de valor. Pódense dar en calquera zona do corpo, sendo as máis comúns pescozo, costas e extremidades superiores.
Con esta campaña tamén se preténde chamar a atención non só na prevención no centro de traballo, senón tamén cando se teletraballa.

Nova campaña da CEP para concienciar sobre os trastornos músculo - esqueléticos no entorno laboral / Cedida
A maior parte dos TME de orixe laboral, vanse desenvolvendo por exposicións repetidas ou prolongadas a situacións desfavorables no desempeño do traballo, ou por unha manipulación inadecuada das cargas.
A dor muscular e/o articular, a perda de forza, a sensación de hormigueo e a diminución da sensibilidade, son síntomas característicos que alertan sobre a existencia destes danos.
A sobrecarga física que pode producirse durante a execución de tarefas que entrañen esforzos físicos mantidos ou desproporcionados, como son as operacións relacionadas coa manipulación manual de cargas, os movementos repetitivos, ou o mantemento da postura de forma puntual ou continuada no tempo, é, sen dúbida, a causa máis frecuente de produción destas patoloxías no ámbito laboral.

Jorge Cebreiros, presidente da CEP. / Faro
Non hai que esquecer con todo que existen ademais outros factores de risco de tipo físico que poden contribuír en maior ou menor medida á aparición dos TME, como unha inadecuada iluminación do posto de traballo, frío ou calor excesivos, elevados niveis de ruído, inadecuado deseño das ferramentas utilizadas ou existencia de vibracións.
O desenvolvemento dun traballo demasiado esixente ou, pola contra, demasiado monótono e repetitivo, a insatisfacción laboral, a falta de recoñecemento ou apoio, os horarios de traballo, os sistemas de retribución ou factores propios da persoa traballadora, como a existencia de patoloxías previas, a capacidade física, os hábitos como o consumo de tabaco etc., poden, a miúdo, contribuír á súa xeración.
Débense avaliar todos os factores no seu conxunto e abordalos de maneira integral.
A redución dos accidentes por sobreesforzos constitúe unha prioridade en todos os sectores.
Medidas de prevención e protección máis habituais:
• Automatización de procesos.
• Emprego de equipos mecánicos como carretillas elevadoras, guindastres ou mesas regulables.
• Iluminar adecuadamente a zona de traballo, evitando reflexos e sombras molestas.
• Evitar inclinar o tronco cara a adiante e, en especial, viralo ou botalo cara atrás sen apoialo nun respaldo.
• A redución do volume ou o redeseño da carga.
• A mellora da organización e da contorna de
traballo.
• Reducir a intensidade do traballo físico pesado, introducindo pausas de recuperación, ou alternándoo con actividades máis lixeiras que non
forcen as costas.
• Evitar ciclos moi curtos e repetitivos.
• Evitar a aplicación de forzas moi intensas e repetidas con zonas do corpo de pouca masa muscular, por exemplo, a man.
• Evitar a transmisión de vibracións, tanto ao corpo como ao sistema mano-brazo.
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Raúl Pérez rescata de la ría de Arousa un albariño con más de 15 años de crianza bajo el mar
- Un motorista herido tras chocar contra un furgón de limpieza en Vigo
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- «Nuevo Zumaya», otro que marcha a Namibia: Galicia pierde cuatro veces la capacidad de la flota de Gran Sol con los éxodos a África
- Povisa, 53 años después: del hospital de los médicos vigueses a la incertidumbre de Vivalto
- El nuevo «Silicon Valley» gallego se estrena en Vigo
- La educación concertada se planta ante la Xunta en Vigo: «Solo la homologación de las condiciones laborales»