Sociedade

Salceda participa nun intercambio educativo

As estudantes francesas recibidas quedarán en Salceda ata o 28 de abril

O equipo municipal xunto ás estudantes.   | // D.P.

O equipo municipal xunto ás estudantes. | // D.P. / d.p.

d.p.

O Concello de Salceda recibiu nestes días a tres visitantes moi especiais chegadas dende Francia.

Trátase de tres alumnas da rexión Grand Est, das cidades de Metz e Nancy, que participan no intercambio educativo EDUMOB da Xunta de Galicia. Este programa busca fomentar a interculturalidade mediante o coñecemento lingüístico e cultural entre alumnado desa rexión e Galicia.

EDUMOB

Marie, Insaf e Rania pasarán este mes en Salceda asistindo a clases no IES Pedras Rubias, ata o vindeiro 28 de abril. Previamente, durante o mes de febreiro, foron tres as alumnas do IES Pedras Rubias que se desprazaron a Francia acompañadas da súa mestra para permanecer nas vivendas das estudiantes que agora chegan a Galicia.

A implantación do bacharelato no IES Pedras Rubias, trouxo consigo iniciativas tan importantes coma esta.

É a primeira vez que o IES participa neste programa dirixido ao alumnado de 1º de bacharelato, que dende o centro valoran moi positivamente para o desenvolvemento tanto lingüístico como persoal das participantes.

A Concelleira de ensino, Selene González, considera que: “fomentar a interculturalidade na educación é un medio de transformación e adaptación social. Estamos encantadas de participar neste programa que está tendo un alto calado na nosa mocidade e nas súas familias, non só lingüisticamente, senón a nivel cultural e social”.

Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda, parabeniza ao equipo do centro educativo e engade que “ter bacharelato no noso Concello permite levar adiante moitas iniciativas novedosas, e esta é unha delas. Quero trasladarlle os meus parabéns ao equipo directivo do IES por levalas adiante”.