Sociedade

A Porriño Fashion Weekend transformará a vila en pasarela

As orquestras América e Panorama súmanse ao evento poñendo o fin de festa

Presentación da Porriño Fashion Weekend.   | // D.P.

Presentación da Porriño Fashion Weekend. | // D.P. / d.p.

d.p.

A Porriño Fashion Weekend volverá facer da vila do Louro no epicentro galego da moda da man do seu comercio local e da súa hostalería.

Hoxe terá lugar a Fashion Night. O exclusivo desfile dará comezo ás 18:30 horas e transformará a rúa peonil nunha pasarela na que mostrarán as súas propostas 31 comercios e 9 salóns de peiteado do Porriño. Roupa, calzado, xoiería, complementos, peiteados, maquillaxe…as últimas tendencias desfilarán aos pés do Concello da man das/os modelos da Escola de Modelos Small Big Models. A encargada de dirixir o evento será a xornalista porriñesa, Raquel Atanes.A música non podía faltar nesta xornada, polo que a Orquestra América encargarase do Fin de Festa . Será ás 22horas na rúa Domingo Bueno.

O Fashion Market poñerá o broche de ouro á fin de semana da moda no Porriño. Será mañá, na parcela situada na rúa Progreso, onde de 10 a 22 horas se instalará o mercadiño, con dj’s e inchables para os máis pequenos desde as 12 horas. Para rematar por todo o alto, ás 19 horas arrancará o concerto da Orquestra Panorama.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polas concelleiras Antía Carrera e Rosa Isabel Alonso, e polos establecementos participantes, presentaron a programación convidando a toda a veciñanza do Porriño e da contorna a sumarse a este evento que “é de todos/as e para todos/as”. Neste sentido o rexedor quixo agradecer “a implicación e ilusión que puxeron os nosos comerciantes, hostaleiros e asociacións á hora de organizar e dar forma a este evento. Facemos equipo e iso é garantía de éxito”.

Lorenzo destacou que “a moda é un importante dinamizador do comercio local e, polo tanto, da economía do Porriño e coa Fashion Weekend pretendemos visibilizalo e poñelo en valor”.