Sociedade

Mos loita pola igualdade máis alá de marzo

O Concello iniciará a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero

III xornadas da Muller en Mos.   | // D.P.

III xornadas da Muller en Mos. | // D.P. / d.p.

d.p.

Tras un mes de marzo dedicado a reivindicar e promover a igualdade da muller en Mos, a localidade mosense fomenta a continuidade deste espírito concienciador mediante iniciativas a desenvolver durante o presente mes de abril, como é o caso das III Xornadas da Muller do Concello de Mos, organizadas polo CIM mosense esta semana.

Tamén, cada ano desde o Concello de Mos promóvese a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero para fomentar a súa autoestima, empoderamento e autonomía económica ao tempo que se evita e/ou minimiza o risco de exclusión social e a estigmatización.

Así o informaron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a seu segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Igualdade, Leo Costas, quenes deron a boa nova de que dende a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia vénlle de ser remitida á administración local mosense a resolución favorable de concesión de subvención para a contratación de 2 mulleres vítimas de violencia de xénero, durante 12 meses.

O proceso de selección realizarase en coordinación e colaboración co Centro de Información á Muller, CIM de Mos, pois o Centro conta con mulleres usuarias que se corresponden co perfil a contratar a través deste programa.

Neste senso os representantes municipais destacaron “a importancia da colaboración entre administracións para promover e impulsar políticas de erradicación e loita contra a violencia de xénero” e ademais agradeceron á administración autonómica “que estea volcada na colaboración coas entidades locais galegas, no marco do Pacto do Estado contra a violencia de xénero”.