Música

A Festa do Choco traerá á mellor banda tributo de U2

U2 Zen Garden actuará en Redondela o 11 de Maio

U2 Zen Garden.   | // D.P.

U2 Zen Garden. | // D.P. / d.p.

d.p.

Os fans de U2 están de parabéns, porque a banda que rende o mellor tributo do mundo á banda irlandesa, o grupo italiano U2 Zen Garden, actuará por primeira vez no Concello de Redondela o sábado día 11 de maio con motivo da Festa do Choco.

O seu obxectivo non é imitar a U2, senón poñerse na pel de cada un dos compoñentes da mítica banda irlandesa, polo que o estilo de U2 está presente en todos os integrantes do conxunto italiano. Matt (guitarras), Francc (baixo) e Rick (batería) son capaces de reproducir con absoluta fidelidade o son dos músicos orixinais, The Edge, Adam Clayton e Larry Abrandan, respectivamente.

Tras emocionar ao público de medio mundo, con máis de 1.000 concertos e máis de 15 anos de traxectoria profesional, os integrantes de Zen Garden chegan dispostos a facer gozar a Redondela dunha noite inesquecible na que non faltarán grandes clásicos como “Beautiful Day” ou “Vertigo”.

Sen necesidade de pechar os ollos, o público poderá sentir en directo ao mismísimo Bono e aos seus inseparables músicos interpretando “With or without you”, ou “I still haven’t found what I’m looking for”.

Vestiario, repertorio, maquillaxe, voz e unha coidada posta en escena que roza a perfección, son as claves para lograr unha réplica exacta dunha das formacións máis aclamadas da historia da música.

Así que para quen comparte a paixón polo son máis xenuíno da banda irlandesa, os concertos de U2 Zen Garden constitúen a experiencia máis próxima aos auténticos directos de U2, e o sábado 11 de maio durante as Festas do Choco en Redondela, terán o privilexio de comprobalo e gozar dun show de dúas horas de duración, que forma parte dunha xira internacional coa que están a encher os grandes escenarios de medio mundo.