Medio ambiente

O GDR Terra e Auga impulsa a citricultura no territorio

Entre as súas apostas está a recuperación da terra agraria

Xornadas Viño e Froita do GDR Terra e Auga.   | // D.P.

Xornadas Viño e Froita do GDR Terra e Auga. | // D.P. / d.p.

d.p.

O GDR Terra e Auga desenvolverá dende hoxe ata o 22 de xuño o curso teórico-práctico de Citricultura Ecolóxica, co obxectivo de converter as terras baldías en produtivas con cultivos axeitados ás condicións medioambientais, e respectando sempre o equilibrio e harmonía co medio natural.

O GDR organiza este curso para repartido en cinco xornadas teóricas e prácticas. A parte teórica desenvolverase en algún dos dez concellos do Condado, Paradanta e Salceda de Caselas tendo en conta a demanda mentres que a parte práctica realizarase na parcela piloto do GDR en Rubiós, As Neves.

“Reverdecendo”

Esta acción enmárcase na estratexia de desenvolvemento sostible “Reverdecendo” que o GDR Terra e Agua desenvolverá nos vindeiros anos.

A primeira xornada será hoxe, arredor do cultivo de cítricos e do seu manexo dende a preparación do solo á plantación. A segunda xornada será o 20 de abril abranguerá cuestións como a poda, o raiado e a enerxía na citricultura ecolóxica. O 11 de maio terá lugar a terceira xornada que centrará a súa atención no solo, na súa fertilidade e abonado. Para os días 8 e 22 de xuño prográmanse as dúas últimas sesións nas que se darán pautas de actuacón fronte a enfermidades e pragas e se obterán coñecementos sobre ventaxas da cuberta verde e manexo da biodiversidade.

Transición ecolóxica

O GDR promove o coñecemento da terra para un mellor aproveitamento e ferramenta para a dinamización económica do territorio así como para favorecer a transición ecolóxica do territorio.

Neste sentido celebraron onte unha xornada formativa e informativa sobre a transición enerxética no seu territorio, na que afondaron no papel do sector empresarial local na transición enerxética e nas sinerxias e posibles alianzas coas entidades locais.

Unha vez informados, alcaldesas e alcaldes, moderados polo xerente do GDR Terra e Auga, Paco González, participaron xunto aos poñentes nunha mesa redonda arredor do proxecto Xera, a definición e planificación dunha estratexia supramunicipal para a transición enerxética no territorio.

“Protexer e pór en valor o patrimonio natural do noso territorio é un dos piares da nosa estratexia de crecemento por iso é fundamental abordar de xeito conxunto e a nivel supramunicipal a transición enerxética como un beneficio para a toda a cidadanía dos dez concellos que contribúe á vez na mitigación do cambio climático”, explica o xerente do GDR Terra e Auga.