Deporte

O ‘crosstraining’ fortalécese en Mos

A II edición de Molis Legend reuniu a 400 atletas de España e Portugal

Entrega de premios da II edición de Molis Legend.   | // D.P.

Entrega de premios da II edición de Molis Legend. | // D.P. / d.p.

d.p.

A II Edición de Molis Legend celebrouse no Pavillón Óscar Pereiro e reuniu a a 400 atletas chegados de toda España e Portugal para competir en 7 categorías diferentes. O evento deportivo contou con zona shopping, zona outdoor e zona FoodTrucks.

A afluencia superou todos os récords e cálculos previstos, pois fixérase unha estimación de sobre 1.000 persoas, contando atletas, xuíces, equipo de Molis Legend, e público; e finalmente acadáronse as 3.000 persoas.

Molis Legend é unha competición internacional de CrossTraining, organizada por Adrián Álvarez Loureiro, emprendedor mosense, propietario do ximnasio mosense Molis Box e que conta coa colaboración de Deporte Galego da Xunta de Galicia, da Deputación de Pontevedra e do Concello de Mos, entre outros patrocinadores.

O nome da competición débese a Mos, xa que Terra de Molis no século XII facía referencia á zona, e a rosa do logo é a que se atopa nos escudo e bandeira do Concello.