Medio ambiente
Saídas de ecoturismo e educación ambiental na Semana Santa redondelá
O Concello organiza tres actividades para público infantil e familiar
D. P.
O Concello de Redondela oferta saídas de ecoturismo e educación ambiental durante as vacacións de Semana Santa. As concellerías de Turismo, Medio Ambiente e Infraestruturas e Sostibilidade organizan tres actividades para o público infantil e familiar, logo da boa acollida que tiveron ao longo do verán pasado.
A primeira das xornadas “Pedaleando tralas últimas aves migratorias” é unha saída en bicicleta cunha ruta pola Portela para coñecer de preto as aves limícolas e a súa historia. Será hoxe, de 10.30 a 12.30 horas, con saída desde o Multiusos da Xunqueira. A actividade é de balde, e guiada por monitores profesionais.
O luns día 25 realizarase a actividade “Orientaventura en Cesantes”, un reto no que os máis novos deberán poñer en práctica os seus coñecementos sobre o patrimonio natural, orientación e cooperación. Está dirixido á rapazada de 7 a 16 anos, coa participación dun adulto por equipo para acompañalos. A actividade, de 16.30 a 19.00 horas, inclúe mapas, todo o material necesario e monitores especializados.
A última das xornadas, “Fotografía e natureza”, será o vindeiro sábado día 30 cun curso de iniciación sobre a fotografía na natureza para maiores de 12 anos. Será de 10.30 a 13.00 horas.
Todas as actividades son de balde e con prazas limitadas. As inscricións están abertas dende o pasado luns no Multiusos da Xunqueira, chamando ao teléfono 986 40 28 65 ou enviando un correo electrónico ao enderezo multiusosredondela@gmail.com.
Teatro
A vindeira fin de semana hai unha dobre cita co teatro auditorio da Xunqueira. O sábado 30, ás 20.00 horas, a compañía Empatía representa “Esas cousas marabillosas” e o domingo 31, ás 18.00 horas, Caramuxo pon en escena “A nena que vivía nunha caixa de mistos”.
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería