Sociedade

Juan González, nove anos traballando pola cooperación

O rexedor nigranés, vicepresidente da Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade

O alcalde, xunto ao resto de participantes da asemblea.   | // D.P.

O alcalde, xunto ao resto de participantes da asemblea. | // D.P. / D.P.

D.P.

Juan González repite como vicepresidente da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, de carácter estatal. O rexedor, presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade dende 2015, renovou o seu cargo na asemblea xeral celebrada en Barcelona. “Esta nova elección significa un respaldo ao labor feito desde o Fondo Galego que presido como alcalde de Nigrán. Esta é a mellor imaxe que podemos proxectar do noso municipio de cara ao exterior: unha localidade que loita contra as desigualdades norte/sur e que cre na cooperación internacional e no municipalismo”, resume González. A nova executiva expón para o próximos catro anos consolidar a liña de acción iniciada no mandato anterior. No anterior mandato, coa aprobación da lei 23/1998 de Cooperación Internacional conseguiuse o recoñecemento da cooperación descentralizada municipalista. Un recoñecemento que a González entendía “necesario e xusto”, que chegou nun momento onde algúns discursos anti-cooperación tomaban e seguen tomando protagonismo. “Contextos de pobreza, desigualdade, guerras, catástrofes naturais, mobilidade humana forzada… requiren da cooperación internacional, como unha cuestión de xustiza global e neste sentido os concellos xogaron, e seguen xogando, un papel imprescindible”, sinala o alcalde de Nigrán.