Educación

Semana branca para escolares porriñeses

Alumnado de Primaria viaxa a Leitariegos para practicar esquí

Un grupo de escolares do Porriño desfrutando da Semana Branca.   | // FDV

Un grupo de escolares do Porriño desfrutando da Semana Branca. | // FDV / d. p.

d. p.

Máis de 150 escolares de 5º e 6º de Primaria viaxan á neve no marco da Semana Branca do Porriño. O destino, a Estación de Esquí Valle Laciana-Leitariegos, en León. Alí desfrutan de tres xornadas de convivencia entre compañeiros, recibindo, por suposto, nocións básicas do esquí.

Esta actividade está organizada pola Asociación Xornadas Brancas en colaboración co Concello do Porriño, que este ano incrementou a súa aportación superando os 18.000 euros a través dun convenio de colaboración con dita asociación, constituída por tódolos centros educativos de primaria do municipio.

O pasado luns saíron dous grupos, un do colexio Antonio Palacios e outro do de Atios; o mércores foi a quenda dos do Santo Tomás e do Hermanos Quiroga e o luns da vindeira semana o farán Fernández López, Budiño e Ribeira.