Homenaxe

Porriño celebra o Ano Palacios cun amplo programa cultural

Inclúe roteiros, xogos, excursións, xornadas e exposicións para tódolos públicos

Autoridades co Templete de San Luis ao fondo.   | // DP

Autoridades co Templete de San Luis ao fondo. | // DP / d. p.

d. p.

O Concello do Porriño vén de presentar o programa de actividades para celebrar ao longo deste 2024 o Ano Palacios, unha efeméride á que se suma a Xunta de Galicia e que inclúe xornadas, roteiros, exposicións, xogos para o público escolar e visitas culturais a localidades onde o arquitecto traballou e conservan o seu legado.

Así, a axenda presentada está dirixida a conmemorar dúas datas significativas na historia de Antonio Palacios. A primeira delas é o 150 aniversario do seu nacemento, mentres que a segunda é o centenario da Casa Consistorial, obra do autor.

Prográmanse, así, accións e actividades en colexios: unidades didácticas, obradoiros con material didáctico do arquitecto, reparto de xogos personalizados coa ruta de Antonio Palacios, xogos tipo escape room, xincanas e unha oca xigante, excursións guiadas e proxeccións e concursos temáticos.

Por outra banda, e dirixidas xa a tódolos públicos, haberá visitas guiadas, a ruta Antonio Palacios que percorrerá as principais obras do arquitecto, un tren turístico personalizado con locución que fará paradas nos principais puntos da vila, excursións a cidades e pobos onde están as obras de Palacios (Nigrán, Carballiño, Madrid), un concurso de debuxo e un festival de música temática, entre outras iniciativas que se irán coñecendo nas vindeiras semanas, ademais dunha importante campaña de comunicación que levará a cada recuncho da vila esta celebracción.

Destacan a inauguración do Templete de San Luis, no antigo Campo da Feira e que por primeira vez será restaurado, e a da Sala de Exposicións Antonio Palacios, con orixinais de gran valor e unha mostra fixa que ademais albergará diferentes xornadas de arquitectura con historiadores, arquitectos e investigadores da súa obra, e o lanzamento da páxina web de Antonio Palacios

Tamén se convocarán premios, concursos e certames diversos que xirarán arredor da figura do arquitecto.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez e o director Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, desprazáronse ata O Porriño para acompañar ao alcalde, Alejandro Lorenzo, e os concelleiros do equipo de goberno, na presentación de todas estas .