Combates medievais e desembarcos na praia

Xustas medievais na praia da Ribeira, en Baiona, na pasada edicion da Arribada.   | // J. LORES

Xustas medievais na praia da Ribeira, en Baiona, na pasada edicion da Arribada. | // J. LORES / D. P.

D. P.

Combates, demostracións e espectáculos realizaranse sobre a area da Praia da Ribeira. Trátase dunha das quince localizacións nas que máis actividades hai programadas ao longo dos tres días de festa.

Reresentación teatral da chegada da PInta a Baiona.   | // R. GROBAS

Reresentación teatral da chegada da PInta a Baiona. | // R. GROBAS / D. P.

Na primeira das xornadas festivas, o venres día 1, o areal acollerá, ás 20.00 horas, o espectáculo máxico de fogo e pirotecnia “Fire Performe”, de Hípica Celta, no que non faltarán malabarismos de fogo, danzas e acrobacias.

Grupo de actores representando “Arribada do Descubrimento”.   | // R. G.

Grupo de actores representando “Arribada do Descubrimento”. | // R. G. / D. P.

Xa ao mediodía do sábado, 2 de marzo, tralo gran desfile medieval e o pregón, na entrada á Fortaleza de Monterreal, terá lugar unha demostración de tiro con arco, a cargo do Club Meigarco, que volvera a repetirse o domingo (11.30 horas). E tamén en horario de mañá, ás 13.15 horas tanto o sábado como o domingo, celebraranse os espectáculos de Cetrería Montada, de Águilas de Valporquero, que supón unha das novidades desta edición, o regreso das exhibicións de aves nas cales falcóns e falconeiros amosarán ao público asistente esta arte milenaria.

A maiores, o domingo, as 12.10 horas, terá lugar o combate de esgrima medieval, unha representación teatral de duelos con espadas, a cargo da Sala Viguesa de Esgrima Antigua, o cal se escenificará tamén o sábado, as 12.45 horas pero no Monumento Encuentro entre dos Mundos.

Xa pola tarde, a praia da Ribeira acollerá dous grandes eventos. Primeiro terá lugar o gran torneo medieval con xusta, tiro de venablos e derruba de estafermo e máis tarde representarase a obra teatral “Arribada do Descubrimento”. O torneo, a cargo de Hípica Celta, será ás 17.00 horas o sábado e ás 16.30 horas o domingo e a chegada da Carabela Pinta a Baiona escenificarase ás 20.00 horas o sábado e ás 18.30 horas o domingo.

Escrita polo profesor e historiador Avelino Sierra e dirixida por Mónica Sueiro, “Arribada do Descubrimento” pon en escena o acontecido aquel 1 de marzo de 1493. Así, no mesmo areal a onde fai 531 anos chegou a Carabela Pinta, un grupo de actores amosarán ao público como se sucederon os feitos. Capitaneada por Martín Alonso Pinzón, a embarcación atracou en Baiona, convertendo a vila no primeiro porto de Europa que recibía a nova do descubrimento de América. O seu rexedor, Payo Veloso, chamaba á garda alarmando pola visión da nave desabolada, pero calmou os seus temores ao ver o estandarte real portado por García Sarmiento, mariñeiro de Baiona que, tras fundirse nunha aperta coa súa esposa e fillas, informaba que a embarcación non era outra que a Cabarela Pinta.