Sociedade

Redondela quenta motores para o Entroido

O sábado 10 de febreiro comezan as celebracións e o 17 será o Enterro do Berete

Entrega de premios da pasada edición.   | // D.P.

Entrega de premios da pasada edición. | // D.P. / d. p.

d. p.

Xa está aberto o prazo de inscrición para o desfile de Comparsas de Redondela e o Enterro do Berete de Chapela. O acto de Redondela está programado para o 11 de febreiro e o de Chapela para o 17 do mesmo mes. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata 2 de febreiro no caso das Comparsas de Redondela e do 19 de xaneiro ao 9 de febreiro no caso do Enterro do Berete de Chapela.

O Concello destinará un total de 10.500 euros para o desfile de comparsas e disfraces, distribuídos tanto en premios como en axudas ás agrupacións que participen nos desfiles. Así, no apartado de axudas, destinará 300 euros ás comparsas que teñan entre 26 e 55 compoñentes; 400 euros aos que conten entre 56 e 80 compoñentes e 500 euros ás formacións que conten con máis de 80 compoñentes.

No que aos premios fai referencia, o xurado outorgará un primeiro de 900 euros, un segundo premio de 600 euros e un terceiro de 300 euros. Ademais os premios á mocidade, á retranca é a inclusión e diversidade de cada comparsa terán un premio de 500 euros cada un.

O Entroido de Redondela ofrece premios tamén para os grupos, parellas e disfraces individuais que participen o martes 13 de febreiro nun desfile que terá lugar na rúa Alfonso XII diante dos soportais do Concello.

O Enterro do Berete terá lugar o sábado 17 de febreiro, e o prazo de presentación será ata o 9 de febreiro.