Pintura

Santiago Riera, seleccionado na XIV Bienal Eixo Atlántico

A obra do artista tomiñés percorrerá Galicia e Portugal no próximo 2024

Obra seleccionada.   | // D.P.

Obra seleccionada. | // D.P. / D.P.

D.P.

O artista tomiñés Santiago Riera Portela, cunha traxectoria de máis de 20 anos como pintor, foi seleccionado este ano por segunda vez para participar na Bienal de pintura Eixo Atlántico, que nace coa vontade reivindicar a posición central da cultura na construción e desenvolvemento da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, e do seu sistema urbano.

Actualmente a súa obra , xunto ás outras seleccionadas do programa, atópase en Lugo, que foi este ano a cidade escollida para acoller a inauguración da exposición. En xaneiro, a obra tomiñesa comezará a viaxe cara a terras veciñas, pasando por Braga, Bragança, Maia, Ribeira, Felgueiras, Vila Real, Vilanova de Gaia, Barcelos e Monforte de Lemos.

Outras artistas seleccionadas nesta edición foron Teresa Gil, Raisa Paz Moldes, Pedro Tasende, María Xosé Fernández, María Eiras, Calolina suárez ou Gumersindo Vázquez Fraga.

Unha mostra da obra de Riera, especialmente coñecido polo seu traballo co colaxe e por unha linguaxe da cor particularmente desenvolvida e moi persoal, están actualmente expostas no Casino de Sabarís ata a fin das festas de Nadal.