Cultura

Soutomaior dá a benvida hoxe ao Nadal co acendido das luces

Serás as 19.30 horas na Alameda Talo Río

Arriba, o alcalde e a concelleira de Comercio presentando a programación de Nadal. Abaixo, maiores de 65 anos participan nun obradoiro de elaboración de adornos de Nadal.   | // FDV

Arriba, o alcalde e a concelleira de Comercio presentando a programación de Nadal. Abaixo, maiores de 65 anos participan nun obradoiro de elaboración de adornos de Nadal. | // FDV / l. c.

l. c.

Soutomaior dá o pistoletazo de saída ao Nadal este sábado cunha xornada de acendido de luces chea de música e espectáculos. O alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Comercio, Rosana Comesaña, presentaron esta semana a programación do Concello para estas datas que comeza precisamente hoxe co acendido das luces de Nadal previsto para ás 19.30 horas, aínda que as actividades comezarán xa dende primeira hora da tarde. A partir das 16.30 horas, a Alameda de Talo Río acollerá a exposición de mostras de Nadal do Manuel Padín Truiteiro e do CEIP de Ponte Sampaio. Ás 17.30 horas, a Escola de Música da Banda Artística de Arcade levará a cabo no Multiusos de Arcade as súas audicións públicas. Ás 18.30 horas procederase á saída do público asistente desde o Multiusos ata a Alameda Talo Río, onde se levará a cabo o acendido de luces. O traxecto pola rúa estará animado pola compañía de espectáculos Hípica Celta, que levará a cabo a súa actuación “Par de Dous”.

Soutomaior dá a benvida hoxe ao Nadal co acendido das luces

Soutomaior dá a benvida hoxe ao Nadal co acendido das luces / l. c.

Xusto ás 19.30 horas terá lugar o acendido de luces, para o cal o Concello de Soutomaior ten preparada unha colaboración especial cos centros de día Boas Apertas e SoutoMaiores, da que se desvelarán os detalles hoxe mesmo. A xornada rematará cunha actuación de La Duendeneta, que a partir das 20.30 horas encherá a Alameda de Talo Río coa súa música

O alcalde sinalou que este ano o Nadal chega a Soutomaior “con máis forza que nunca. Temos unha programación moi completa que levará durante todo o mes de decembro diferentes actividades e espectáculos por todo o noso Concello. O goberno de Soutomaior ten claro que esta época do ano é moi importante para a veciñanza e por iso temos preparadas moitas sorpresas que iremos desvelando a medida que pasen os días”.

As persoas que estean interesadas en coñecer toda a programación do Concello de Soutomaior para o Nadal poden facelo na páxina web e nas redes sociais municipais. Ademais, lembran que está habilitado un servizo de mensaxería por WhatsApp para avisar de todas as actividades que se levan a cabo en Soutomaior. As persoas interesadas teñen que gardar o teléfono 616702411 como “Axenda Municipal de Soutomaior” e mandarlle unha mensaxe de WhatsApp co seu nome e apelidos.