Redondela

Magosto, monólogo e música na axenda cultural

Castañas no Viso e Contos na Lareira na Xunqueira

l. c.

O Viso celebra hoxe o seu tradicional Magosto, na Gándara. A partir das 12.30 horas sesión vermú coas pandereteiras Terra Meiga e Sindicato do Folclore. Pregón a cargo de Marcela Canela; ás 14.30 horas xantar popular e pola tarde canción d@s nen@s, danza africana e coro tirapuxa, tamén haberá obradoiros infantís e xogos populares, sen faltar as castañas asadas. Pola noite, concertos de Tanto nos ten, Habelas hainas e Nani.

Por outra banda, dos produtores de Noites de Retranca chega Contos na Lareira, con Soledad Felloza e Vero Rilo, hoxe ás 20.00 horas no auditorio do Multiusos da Xunqueira. E, no mesmo lugar e hora, o vindeiro sábado, día 9 de decembro, Once cancións e unha danza de Alberto Vilas. O prezo da entrada é de 3 euros en ámbolos dous espectáculos.