Igualdade

Mulleres salcedenses expoñen a súa experiencia en profesións masculinizadas

Participan ao longo deste mes en charlas co alumando do IES Pedras Rubias

A oncóloga salcedense Clara González foi a primeira das catro mulleres en participar na iniciativa.   | // FDV

A oncóloga salcedense Clara González foi a primeira das catro mulleres en participar na iniciativa. | // FDV / l. c.

l. c.

O alumnado do IES Pedras Rubias participa ao longo deste mes de novembro dunha iniciativa en materia de igualdade organizada en colaboración co Concello de Salceda de Caselas. Baixo o nome “Donas de si” presentouse un programa que inclúe unha seria de charlas sobre profesións científicas tecnolóxicas que desenvolven mulleres.

Trátase dunha actividade que promove a igualdade a través de mulleres do municipio, as cales na súa maioría son, precisamente, ex alumnas deste instituto ao cal volven agora para expoñer aos estudantes actuais como viven o día a día do seu eido laboral en profesión xeralmente masculinizadas dos sectores científico e tecnolóxico.

Xa se celebraron dúas sesións. A primeira, a semana pasada, xirou arredor do tema da oncoloxía e nesta falouse sobre arquitectura e urbanismo. Quedan agora pendentes de realizarse outras dúas. Unha o vindeiro venres 24, na que se tratará o sector farmacia e o mundo da investigación e, para clausurar, o xoves día 30 a conversa estará centrada na enxeñaría de telecomunicacións.