Veciñanza

Deportistas gondomareños en auxe

Deportistas gondomareños en auxe

Deportistas gondomareños en auxe

O gondomareño Julio Vilas competiu no Campionato de Europa de baloncesto en cadeira de rodas en Rotherdam coa selección española. O Concello de Gondomar felicítao pola súa medalla de prata no Europeo de Rotterdam co combinado español, asegurando ademais unha praza nos próximos Xogos Paralímpicos de París 2024. O gondomareño ten como obxectivo “ seguir na selección, estar nas listas finais e ir a París. É un acontecemento moi grande para calquera deportista. Dareino todo como ata agora. Haberá unha competencia feroz e iso faranos máis fortes a todos e a selección” dixo. Pola súa parte, a xoven promesa Mario Noya Hermida, de 7 anos e tamén veciño de Gondomar, competiu por segunda vez no Marisquiño, en Vigo, en BMX junior. Foi recibido polo alcalde, Paco Ferreira, e pola concelleira de Deportes de Gondomar na casa consistorial.

Deportistas gondomareños en auxe

Deportistas gondomareños en auxe