A gaiteira Susana Seivane consagrará o Chandefolk

Susana Seivane.

Susana Seivane. / Miguel Vidal

D.P.

O Concello de Nigrán consagra este ano o festival Chandefolk con Susana Seivane, ilustre gaiteira galega e auténtica lenda viva deste instrumento. A cita será este luns 14 de agosto ás 22.00 horas en Chandebrito (merendeiro de Chans de Rapadouro, ao carón do campo de fútbol). O concerto terá as mochilas vibratorias do Concello a disposición de toda aquela persoa xorda que as solicite a través do mail info@entresignos.com ou no WhatsApp 690679675.

No Chandefolk colabora de xeito activo a Asociación de Veciños, Comisión de Festas e Comunidade de Montes da parroquia e, a maiores, o concerto de Susana Seivane forma parte do programa Musigal da Deputación de Pontevedra de promoción e difusión de música galega.

No recinto do concerto os veciños disporán de barra de bebidas con chouripáns á venda.

“A presencia de Susana Seivane consagra definitivamente ao Chandefolk como un dos mellores festivais de folk de Galicia, estamos falando dunha das grandes estrelas da música galega que se suma aos protagonistas das anteriores edicións: Xulio Lorenzo, Roi Casal, Milladoiro, Budiño e Xavier Díaz”, explica o alcalde, Juan González, quen lembra que Chandefolk naceu para promover Chandebrito como unha das parroquias con máis atractivos de Nigrán.