Deporte

Cursos de natación na piscina da Canuda

Cursos de natación na piscina da Canuda

Cursos de natación na piscina da Canuda

A Piscina Municipal da Canuda, en Salvaterra de Miño, acolleu o peche da primeira quenda dos cursos de piscina dirixidos pola Asociación ADA en colaboración co Concello de Salvaterra de Miño, onde os nenos e nenas recolleron un diploma co nivel acadado durante as clases. A piscina municipal acolle este verán xornadas lúdicas e formativas, onde os rapaces e rapazas melloran as súas habilidades no medio acuático ao mesmo tempo que gozan de xogos, divírtense con outros cativos e cativas e fan deporte. Durante este mes de agosto a piscina acollerá unha nova quenda de clases de natación. A maiores, a piscina seguirá aberta ata o 15 de setembro para desfrute do público en xeral polas tardes, en horario de martes a venres de 15.00 a 21.00 horas e a fin de semana, sábados e domingos, dende as 14.30 ata as 21.00 horas. Os luns permanecerán pechadas para o seu mantemento.