Tui

A Aloiada 2023 congrega a máis dun cento de escolares

Participaron de dúas xornadas de convivencia e actividades nos montes Galiñeiro e Aloia e no río Miño

Escolares participantes, na Aloiada 2023 realizando un dos obradoiros de orientación.   | // D. P.

Escolares participantes, na Aloiada 2023 realizando un dos obradoiros de orientación. | // D. P. / l. c.

l. c.

A Aloiada 2023 volveu unir o Galiñeiro, o Monte Aloia e o río Miño. Máis de 120 escolares de Tui participaron onte e antonte nesta iniciativa organizada polos centros educativos contando coa colaboración do Concello. Foi alumando de 6º de Primaria do CEIP Nº1, CEIP Nº2, CEIP de Pazos de Reis, CEIP de Guillarei, CEIP de Rebordáns e CEIP de Caldelas.

A xornada do xoves desenvolveuse no Monte Galiñeiro, onde se levaron a cabo obradoiros de escalada, de primeiros auxilios, de orientación e de nós, impartidos pola Federación Galega de Montañismo e polo Grupo Scouts Alhoia, así como polos propios docentes dos colexios. Ao remate deses obradoiros, realizaron unha camiñada ata o Monte Aloia, onde pasaron a noite nas inmediacións da capela de San Xulián.

Onte venres, tralo almorzo, baixaron dende o cumio do Aloia en dirección ao parque do Penedo, pasando pola Casa Forestal, Rego da Pedra e Muíños do Tripes. Tralo xantar, nas instalacións municipais de piragüismo e remo, realizaron a actividade de piragüismo.