Mercado

Sesión vermú con LeFostié na Mostra de Produtos de Covelo

Hoxe de 10.00 a 14.00 h poderase mercar nos postos de artesás e produtores

l. c.

O Concello de Covelo convida a participar na súa Mostra de Produtos que cada primeiro sábado de mes reúnes a ducias de produtores e artesás comarcais na Praza Mestre Cerviño.

Hoxe, de 10.00 a 14.00 horas poderase mercar nos postos de cosmética natural, cestaría, decoración, horta eco, panadería, plantas, queixaría, tambores chamánicos, tatoos de henna, téxtil, xoiería, xoguetes de madeira ou roupa de segunda man, entre outros.

Ás 11.30 horas o restaurante El Juliana cociñará dúas receitas en directo. Ás 11.45 horas os máis pequenos participarán no obradoiro de manualidade para aprender a facer flores de cartolina e pintar tarros de cristal. Ás 12.30 horas chega á Praza Mestre Cerviño a música en directo para amenizar a sesión vermú co grupo LeFostié

Como de costume, as persoas asistentes gozarán da boa gastronomía da hostalaría local e do posto de polbo.