Salceda

Salceda axuda ás familias a conciliar nas vacacións escolares

Organiza un campamento de verán de xuño a setembro para a cativada de 4 a 12 anos

Participantes no campamento de Salceda en anos anteriores.   | // FDV

Participantes no campamento de Salceda en anos anteriores. | // FDV / l. c.

l. c.

O Concello de Salceda de Caselas organiza un campamento de verán para cubrir todo o período de vacacións escolares. Trátase dunha medida de conciliación familiar á vez que se lle dá unha oferta de lecer á cativada.

A actividade está dirixida a nenos nados entre os anos 2011 e 2019, é dicir, de entre 4 e 12 anos e desenvolverase en instalacións municipais. Establécese un horario de 09.30 a 14.00 horas, con posibilidade a maiores de aula matinal, dende ás 08.00 horas; aula tardía, ata ás 15.00 horas e comedor, ata ás 16.00 horas.

Estableceranse diferentes quendas repartidas entre xuño e setembro. Precisamente, nestes dous meses haberá unha única quenda, cuxo custe é de 62 euros, co engadido de 14 euros se se precisa aula matinal, 12 euros aula tardía e 30 euros comedor. Durante xullo e agosto poderase escoller quendas quincenais ou o mes enteiro. No primeiro caso, o prezo do campamento é de 75 euros (máis 18 euros de aula matinal, 12 euros de aula tardía e 65 euros de comedor), e 140 euros o mes completo (con engadido de 30 euros no caso de coller aula matinal, 22 euros pola aula tardía e 110 euros polo comedor).

As inscricións están abertas ata o vindeiro 15 de xuño, a través da web municipal salcedadecaselas.gal.

Para máis información poden dirixirse á OMIX na Casa da Cultura, escribir un correo electrónico ao enderezo campamentosalceda@gmail.com ou chamar ao número de teléfono 653204413 (Clarexa)