Sementeira e moita música en Corzáns

Presentación da undécima edición.   | // ANXO GUTIÉRREZ

Presentación da undécima edición. | // ANXO GUTIÉRREZ / v.p.

v.p.

A parroquia de Corzáns, en Salvaterra de Miño, acollerá os días 13 e 14 de maio a XI Sementeira e Música, unha festa asentada no calendario dedicada ás tarefas agrícolas e que ademais de gozar a veciñanza tamén o fan os numerosos visitantes que asisten cada ano.

O emprazamento será, como de costume, na área recreativa do Muíño da Ponte, no paseo fluvial do Mendo.

O sábado, 14 de maio, ás 10.00 horas, dará inicio a concentración de tractores clásicos e ás 14.00 horas a concentración trasladarase á praza do Concello.

Ás 12.00 horas abrirán os postos de artesanía e exposicións. Ás 15.30 e 17.00 horas terán lugar obradoiros e animación infantil.

Ás 16.00 horas chegará a actuación de As Lucernas de Fiolledo, ás 20.30 horas será a actuación do grupo Tanto Nos Ten; ás 21.45 horas de Duendeneta Dilleis; ás 22.30 horas será o turno do grupo Ialma; ás 00.30 horas tocará o grupo A Quinkillada e ás 02.00 horas pechará a animación musical o grupo Recambios Tucho.

Haberá comida durante todo o día a prezos populares e variada para que todos os asistentes atopen viandas que lles gusten.

O domingo, 14 de maio, comezarán os actos da xornada ás 11.00 horas coa entrada do carro dos bois no torreiro, acto que dará paso á actuación de Naiama Gaiterios, que volverá actuar ás 13.00 horas. Ás 11.30 horas darán inicio os traballos de labranza e sementeira.

Ás 13.30 horas será a lectura do pregón con monólogo a cargo de Xosé Antonio Touriñán. Ás 14.30 horas todos os presentes poderán gozar da actuación do grupo Donicelas e ás 15.45 horas comezará a oitava edición das Olimpíadas Agrícolas, para cativada e maiores.

Ás 18.15 horas poderase gozar da actuación dos Festicultores Troupé e ás 19.30 horas elexiranse os mellores caracterizados de labregos. Ás 20.15 horas actuará o grupo Malvela e ás 21.30 horas o festival chegará ao seu fin coa actuación do grupo Son das Tabernas. Tamén o domingo haberá postos de comida todo o día.