Deporte
A Guarda recoñece a traxectoria de Álex Sierpes
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, recibiron na Casa dos Alonso ao deportista guardés Álex Sierpes, acompañado do seu irmá e da súa nai, para dar os parabéns á súa gran traxectoria deportiva.
Nun ambiente distendido, representantes do grupo de goberno interesáronse por como o carismático deportista local é capaz de compaxinar os seus estudos coa práctica do atletismo, cun calendario de competicións e de adestramentos que lle deixa moi pouco tempo libre. Tanto Álex como o seu irmá, malia a súa curta idade, saben asumir o gran compromiso que representa as súas respectivas participacións en grandes eventos a nivel nacional e internacional, levando sempre o nome da Guarda alí onde van.
- O Festival de Cans avanza os concertos da súa XXI edición
- Unha alumna de 1º da ESO leva Nigrán ao Congreso
- Brais Méndez e a ONG IGAXES únense para loitar contra o odio
- Gondomar, Baiona e Nigrán celebran a Festa da Bicicleta
- 200 ciclistas correrán a VIII “Challenge Rías Baixas”
- A parentalidade positiva estúdase a fondo no IES Val do Tea
- A élite nacional do tenis de mesa brilla en Mos
- A cativada nigranesa aprende orientación