Cultura

O Centro Social de Guizán está de aniversario

O Centro Social de Guizán está de aniversario

O Centro Social de Guizán está de aniversario

O Centro Social e Deportivo da Comunidade de Montes de Guizán cumpriu o seu primeiro ano en funcionamento. Con tal motivo celebrouse un acto que contou coas actuacións de Arume e De Vacas e a presencia do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez; a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo; a deputada provincial, Victoria Alonso; a presidenta da Asociación, Cultural e Recreativa de Guizán, Mª del Carmen Mirou; o presidente da Comunidade de Montes de Guizán Luis Fernández e membros da corporación municipal ademais da propia veciñanza.

O edificio presenta un total construído de 2020 metros cadrados distribuídos en soto, planta baixa e primeira planta. No cal investíronse cerca de 2 millóns de euros. Nel intégranse aulas de informática e cociña, sala de xogos, biblioteca, oficina para diferentes entidades da parroquia, aseos, sala de xuntas, cafetería e salón de actos, con escenario e camerino e capacidade para 230 persoas . Conta ademais con sala polivalente para ximnasia e ximnasio cos seus respectivos vestiarios. No exterior hai pistas de pádel e unha pista polideportiva ,así como un parque infantil.