Turismo
O albergue da Guarda reabre as súas portas
2.744 peregrinos pasaron por estas instalacións ao longo de 2022

Albergue municipal de peregrinos da Guarda. | // FDV / l. c.
l. c.
O Concello da Guarda reabre o albergue municipal despois do peche temporal no mes de decembro, coincidindo coas datas de maior redución do número de peregrinos.
As instalacións manteñen o mesmo horario, de 14.00 a 20.30 horas de luns a domingo, mantendo o mesmo criterio que a Rede de Albergues da Xunta de Galicia, non se admite reserva previa, a admisión realizase por orde de chegada e só se permite a estancia dunha noite, excepto se hai motivos de saúde que impidan continuar o camiño.
Aproveitando o peche do albergue realizáronse tarefas de mantemento das instalacións.
O albergue Municipal da Guarda abriu as súas portas na Semana Santa do ano 2011, xusto un ano despois de que se dese o primeiro paso co recoñecemento do Camiño Portugués da Costa por parte da Xunta de Galicia.
Nestes anos foron máis de 18.000 peregrinos os que se aloxaron nestas instalacións municipais e ao longo do pasado 2022 fixérono un total de 2.744.
- Alberto Carral, oncólogo gallego: «Hay un aumento de cáncer de colon en personas más jóvenes por los hábitos de vida»
- El pediatra Carlos González, molesto con la obsesión de muchos padres: «Qué más da...»
- Esta es la ciudad española que «no merece la pena» según los turistas
- Ryanair estrena una ruta a Marruecos con una ocupación del 9% después de cerrar doce en España por las tasas de Aena
- Tensión a bordo de un vuelo de Iberia parado más de tres horas en la pista del aeropuerto de Santiago
- Rescatada la conductora de un bus que quedó colgando sobre el Lagares
- Xurxo Mariño, neurocientífico: 'No podemos curar el alzhéimer ni el párkinson porque no conocemos con detalle su génesis
- «Está demostrado científicamente que tener un perro aumenta los niveles de oxitocina, la hormona de la felicidad»