El BNG acusa ao Concello de “afogar a veciñanza coa nova suba de taxas”

O grupo municipal do BNG de Sanxenxo acusa ao alcalde, Telmo Martín, de “afogar a veciñanza coa nova suba de taxas que aprobará no pleno ordinario de mañá luns. Un novo golpe aos aforros dos veciños , que se suma ao incremento de impostos como o IBI ou o de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). Agora se actualizan os prezos da piscina e das Escolas de Música e de Arte, así como da ludoteca.