O grupo Interestelares, de Cangas, finalista de “Quero Cantar”, da Deputación da Coruña

Estarán na gala final que se celebra o sábado no Teatro Colón

O grupo Interestelares, finalistas no certame Quero Cantar da Deputación da Coruña.

O grupo Interestelares, finalistas no certame Quero Cantar da Deputación da Coruña. / Cedida

D.García

O grupo Interestelares, de Cangas, acaba de se proclamado como un dos finalistas do VII Certame de Música Infantil e Xuvenil Quero Cantar, que organiza a Deputación da Coruña. A banda compite na categoría xuvenil –entre 13 e 16 anos– e o vindeiro sábado participarán na gala final, que se celebrará no Teatro Colón, na Coruña.

A banda comezou a raíz da amizade entre dous dos seus integrantes, Loaira e Tomé, que no ano 2021 comezaron a crear e cantar música acompañados unicamente dunha batería. A continuación uníuse Martín ao teclado e posteriormente Xabi como baixista.

A súa música é unha proposta baseada en composcións propias, con cancións que abordan a realidade e as inquedanzas dun grupo de amigos da súa idade. Amizade, compromiso social, amor pola lingua e cultura propia, a natureza... Un proceso creativo totalmente autónomo, con temas propios, con arranxos musicais sinxelos e eficaces e, por suposto, empregando a lingua galega.

A formación quedou consolidada no ano 2023 e comezaron a ofrecer as súas primeiras actuacións en eventos como a Festa da Queimada do Hío, o Festival Area e Folk de Vilariño, no magosto da Escola Municipal de Cangas, no festival do Centro Creativo Musical (CCMUS) de Moaña ou no festival Son de Nadal de Cangas.

Suscríbete para seguir leyendo