As orixes da capela de San Bartolomé I Unha historia de 430 anos

Na periferia da historia da ermida de Vilariño (e IV)

A xenealoxía, fundación, vinculación, dotación e padroádego da capela da aldea mariñeira de Vilariño

Imaxe dunha voda celebrada na capela de Vilariño na década de 1980.   | //  ARQUIVO DO AUTOR

Imaxe dunha voda celebrada na capela de Vilariño na década de 1980. | // ARQUIVO DO AUTOR / Anxo Coya

Anxo Coya*

A Breogán Iglesias, Andrea, Ana e Sabela Iglesias Santomé

Dicíamos no capítulo anterior que o vínculo creado por Juan Lavado e Aldonça Franco, pasou a Juan Lavado Franco e Beatriz Vidal, Seguiu no notario Gabriel Franco de Vega e a continuación no seu fillo Juan de Vega Alemparte. Despois foi sucesor Fernando de Vega. Posteriormente o novo propietario da facenda dos Lavado cae no fillo de Fernando, don José Antonio de la Vega Alemparte.

Este aparece rexistrado no Catastro de Ensenada, e entre as súas posesións aparece “una casa de un alto en la Aldea de Villarino”. Ademais percibe certa cantidade de diñeiro dos veciños polos alugueiros de varias casas (hoxe coñecidas como As Cortiñas) nas que moraban. Tamén recibe rendas de varios terreos aforados dos que pagará ao Arcebispado de Santiago “quarenta y quatro ferrados de pan mediado... y una gallina o por ella tres reales. Mas al Abad de esta feligresía sesenta y quatro reales por razón de misas de fundación”.

Pola industria de estanquillero (sic) de tabaco cobrará un soldo anual de 162 reais e 2 maravedíes. José Antonio finou o 24 de xuño de 1779, sendo esposo de dona Isabel de Caamaño. Continúa coa herdanza das propiedades o fillo deste don Manuel Felipe de la Vega Alemparte y Caamaño que casou en Tirán o 30 de agosto de 1758 con dona Elena de Santos y Romay. Seguindo na descendencia, atopamos ao seu fillo Juan José de Vega bautizado na citada parroquia o 17 de febreiro de 1761 que casará con dona Josefa Pereira Sotelo. Juan José declara o 27 de abril de 1792 ante o notario Benito Antonio García Guardado o seguinte: “/... Dn Juan Joseph de Vega vecino de la fra. De San Andrés del Hío posehedor del Vínculo fundado por Dn. Juan Labado y dixo Que a dho vínculo son pertenecientes dos Pedazos de Monte que se hallan en abierto sin el mas leve producir para el y sus posehedores, que se hallan sitos en la Aldea de Vilariño... el uno en el Monte que llaman de San Bartolomé... y el otro en donde llaman Coba da Bousa de arriva.../”.

 Documento referente a Manuela de Vega. |   // ATOPO.GAL

Documento referente a Manuela de Vega. | // ATOPO.GAL / Anxo Coya

O terreo pedregoso nunha forma rectangular que circunda á ermida era e son propios da capela. Vemos un cambio no topónimo Cova da Bouza que pasa a denominarse Cabo da Bouza. Falamos co experto en toponimia Iván Sestay e dinos que a forma correcta debía ser “Cava” ou “Cavada”, sinónimo de “tomada”. Estes anacos de monte son aforados neste documento aos veciños Gerónimo de Hermelo, Damián Fernández e José de Novas.

Os lazos e unións do padroádego vincular de Juan Lavado e Aldonça Franco, fundadores da capela, foron esmorecendo e a mediados do s.XVIII o pequeno templo será administrado polos fondos parroquiais e polas esmolas dos fregueses. Aparece a figura do mordomo fabriqueiro ou Depositario (sic) que será o encargado de levar as contas das reparacións e rendas do santuario.

Xa en 1754 exerce como mordomo o coñecido mestre canteiro Esteban Sobreira, autor da ampliación da igrexa parroquial do Hío en 1788. O crego don Lorenzo Riol manda cobrar a Esteban Sobreira as débedas atrasadas de varios veciños. Citamos algúns apuntes dos débitos, como: “/ ...pagó Josef Mrtz ( Martínez) Vzo (vecino) del lugar de Pinténs cinqta. Y dos Rs. (52reales), y sesenta y nueve Rs del año 1787. Pagó Juan Piñeiro de Vilariño 74 rs con 28 mrs (maravedís) así consta del año 1763. Pagó Domingo Otero vno. del Lugar del Hío 85 rs y 8 mrs. Así consta del año 88. ... Pagó Esteban Sobreira por Domingo Sobreira su padre 405 rs con 28 mrs. Así consta desde el año 54 hasta el 59... Pagó Benito García del Lugar de Nerga trescientos noventa y siete Rs así consta del año 78 hasta el 84.../”

A cantidade recadada será de 2.927 reais con 11 maravedís. Deste xeito farase en 1798 unha inversión destinada a arranxar a ermida e confección de unhas novas imaxes de San Bartolomeu e de San Brais: “/... Doscientos quarenta Rs q percivieron quattro canteros en hacer nuebamente la espadaña... y el apunte de picos y seis Rs que se debían de vino... seiscientos diez Rs que tubieron de coste los dos Santos nuevos Sn Bartme. Y San Blas con su pinttura... veinticinco Rs que costó el Barco y Propios de los que lo han conducido desde Sta. Christina de Labadores a Vigo, y de Vigo a esta Yglesia... Trescientos treinta Rs por una campana nueba... y el Badajo que lo suplió el fabriqº en el año 97-98... quarenta Rs que costó el vino para carpinteros y mas trabajadores.../”.

Luis Iglesias Padín, nas raíces dos fundaores da ermida. |   // ANXO COYA

Luis Iglesias Padín, nas raíces dos fundaores da ermida. | // ANXO COYA / Anxo Coya

Segundo unha anotación posterior a esta inversión que data do 10 de agosto de 1802 os mestres carpinteiros e pedreiros desta reparación foron: Lorenzo Fernández, Gabriel Otero, Santiago de Lemos e Domingo de Otero. No 1821 as contas do templo corren a cargo do mordomo Pedro García e dende 1822 ata 1826 son responsabilidade de María Antonia de Otero, viúva de Ramón Carballo. No 1828 o responsable sería José Benito Gutiérrez e a renda dos 12 ferrados serán entregados por Vicente Costas, veciño de Nerga. Vanse sucedendo varias persoas no cargo de mordomo como: Juan Cadabón, Andrés Costas de 1847 ao 1850 ou Francisco Xavier Piñeiro en 1854.

Continuando coa xenealoxía diremos que Juan de Vega e Josefa serán os pais de dona María Bernardina de Vega y Pereira primeira esposa de don Vicente Pastoriza, descendente do Pazo do Outeiro, no Hío. Outra filla chamouse dona Manuela de Vega y Pereira, que casou o 27 de decembro de 1815 con don Tomás Taboada Vilela. Este home, pensamos que altera os apelidos pois no testamento de Manuela aparece como Tomás Fernández Taboada, cremos que se trata da mesma persoa. Dona Manuela continúa no vínculo coa carga de pan de doce ferrados e as quince misas anuais,incluso a manutención de dar de comer aos cregos, cláusulas obrigatorias que os fundadores impuxeron como obrigas.

Esta muller e seu esposo, don Tomás Fernández Taboada tiveron por fillos a dona María de la Paz, a don Juan José e don Paulino Luis Fernández Vega. Os varóns emigraron á cidade de Buenos Aires e a filla casou o 14 de novembro de 1836 co toneleiro don Ramón Padín Rodríguez, natural de San Ciprián de Calgo (hoxe Vilanova de Arousa). No Arquivo Histórico Diocesano de Santiago (Fondo General, Capellanías, Nº 385) atopámonos con información da metade do s.XIX referente á fundación da ermida. Por conseguinte lemos : “/ ... Santiago, Julio de 1849. Dª Manuela Vega viúda vecina de la Parroquia de sn. Andrés del Hío en el Arcipretazgo de el Morrazo... que el año pasado de 1593 Dn. Juan Labado su causante impuso sobre unos cortos bienes vinculares que entonces posehía de los que por subcesión? De aquel es hoy dueña la que habla, una carga de pan y quince misas que deben decirse en la Capilla advocación de sn. Bartolomé fundada por el mismo a cuyo sostenimiento destinó la citada carga de pan con mas la obligación de que una de las quince misas ha de decirse el día del Santo solemnemente dando de comer en dho día a los seis Sres. Sacerdotes que a ella asistan, cuyo grabamen tiene satisfecho la correspondiente hasta el día.../”.

Na periferia da historia da ermida de Vilariño (e IV)

Imaxe antiga dun aparello tendido na aldea mariñeira de Vilariño. / Arquivo do autor

Manuela de Vega outorgou seu testamento ante o notario Manuel Rodal Giráldez o 7 de xullo de 1870 á idade de 80 anos cando O Hío pertencía ao Concello de Bueu. María de Vega será a herdeira dos bens da súa nai e Ramón Padín será o cumpridor das últimas vontades da súa sogra. Así se explica: “/... En la Parroquia de San Andres del Hío del distrito municipal de Bueu a siete de Julio de mil ochocientos setenta.... Presente en su casa de habitación sita en este Lugar de Bilariño señalada con el número que se halla borrado, Dª Manuela Vega y Pereira vecina del Hío de edad de ochenta años su estado viuda y su profesion azendada y propietaria ... que quiere sea amortajado en caja serrada y sepultada en el cementerio de esta parroquia del Hío y por lo que respecta al número de sacerdotes y misas que quiere se apliquen por su alma, intención y devoción lo deja a disposición de su hijo político Dn. Ramón Padín y Rodríguez. Declara que el matrimonio que contrajo con su finado marido Dn. Tomás Fernández y Taboada tiene por hijos a Dª Manría de la Paz, Dn. Juan José y Dn. Paulino Luis Frenández y Vega; Así mismo declaro ... que estoy adeudando a mi hijo político Dn. Ramón Padín y Rodríguez la cantidad de diez mil reales, lo quiero se satisfagan con toda preferencia de mi herencia... con los gastos de entierro y funerales sin que ningún de mis hijos puedan por consepto alguno poner obice a la paga de los diez mil reales que le adeudo...y en agradecimiento de tales beneficios dejo al mismo dueño y administrador de lo más que quede sin que en ningún tiempo puedan despojarlo de esta casa hasta su fallecimiento y en el caso de que llegasen a benir mis dos hijos Dn. Juan y Dn. Paulino que se hallan en la Ciudad de Buenos haires, lo que dudo mediante hace una porción de años se hallan en aquella república sin saber de su esistencia... instituyo por sus unicos y unibersales herederos a dichos sus hijos Dº María de la Paz, Dn. Juan y Dn. Paulino Fernández y Vega ... y cuya herencia en consepto de la otorgante no escede de doce mil reales ... Nombro por mi cumplidor al especificado ... Dn Ramón Padín.../”.

Ao noso parecer, estas persoas que posuían esta Granxa de Vilariño, viron afectadas e minguadas as súas posesións e facenda coa chegada da desamortización de Méndizabal en 1836 e a de Madoz en 1855, que declaraba en estado de venta todos os predios rústicos, urbanos, censos e foros pertencentes ao Estado, ao clero e persoas da nobreza. Atopamos diversas ventas de terreos como a outorgada por Juan Vicente Pastoriza de trinta e un anos de idade e de profesión comerciante ao veciño de Vilariño José Fernández Gandón de setenta e un anos de idade.

Na periferia da historia da ermida de Vilariño (e IV)

Documento sobre Juan Lavado datado no ano 1603. / Familysearch.org

O documento datado no 24 de xullo de 1878 ante o notario Manuel Rodal Giráldez, define que Juan Vicente vaise desfacendo dos predios adquiridos na partición de bens do seu pai don José Felipe Pastoriza, casado con Lugarda Valdés. Neste en concreto vende un terreo na aldea de Vilariño, denominado A Grela dunha extensión de tres ferrados. Tan só dous días máis tarde, noutro protocolo notarial, don Juan Vicente Pastoriza y Valdés sendo propietario da Granxa de Vilariño dende 1877 por herdanza do seu pai Don José Felipe Pastoriza que fora comerciante e residente na Habana, vende ao fomentador don José Gelpi y Serra e ao mariñeiro José Otero Novas o seguinte: “/ ... que el mentado Don Juan Vicente Pastoriza y Valdez se halla en posesión de la Renta foral de veinte y dos ferrados de mediado y media gallina con que anualmente contribue Don Ramón Padín por la casa y Granja donde vive en el lugar de Vilariño ... que como tal dueño de la renta especificada ... se los vende al Don José Gelpi y Serra los diez y ocho ferrados de mediado ... toda la gallina al referido Don José Gelpi y los cuatro restantes al completo, al Manuel Otero y Novas en seis mil setecientos reales igual a mil seiscientas setenta y cinco pesetas... que la extensión superficial que tiene la granja sobre la que grava la renta ... es la de veinte y dos ferrados de terreno equivalente a cien áreas y ochenta y ocho centeáreas.../”.

Ramón Antonio Padín Rodríguez finou o 16 de novembro de 1901. Un dos seus fillos chamouse José María Padín Taboada que casou con María Agustina Otero Chantada. Estes foron pais de Máximo Padín Otero que formalizou matrimonio con Josefa Coya García, proxenitores de Margarita Padín Coya, que casou con Ceferino Iglesias Rodríguez, pais de Carlos (defunto), Carmen e Luis Iglesias Padín, este último veciño de Liméns. Tamén foi moi coñecido en Vilariño o señor Dionisio Álvarez Padín.

Nesta ermida chegáronse a celebrar algúns enlaces matrimoniais. Hoxe os tempos cambiaron e a fermosa capela de Vilariño vive un período totalmente diferente á súa fundación. Quédanos a curiosidade de saber se o cantar que miña avoa me transmitiu tempo atrás –“Heime de casar en Nergha, que é terra de moito pan, o forno da miña soghra, coce con silvas no vran”–, ten algo que ver coa carga de pan de doce ferrados que Juan Lavado e Aldonça Franco instituíron na aldea de Nerga para reparar e aderezar a capela de San Bartolomeu. É ben sabido que esta aldea é a máis solleira do Hío e de moita produción de cereais. Así rematamos o percorrido da historia da capela de San Bartolomeu, edificada en 1593 na aldea mariñeira de Vilariño, pois seica o día de San Bartolomeu , ten o Demo unha hora en por seu.

*Veciño do Hío

Fontes consultadas:

Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, Arquivo da Universidade de Santiago, Arquivo Catedralicio de Santiago, Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra, Arquivo da Diputación de Pontevedra, Arquivo Diocesano de Tui, Arquivos Parroquiais de Tirán, O Hío, Coiro e Cangas.

Suscríbete para seguir leyendo