Entrevista | Víctor Freixanes Presidente da Real Academia Galega

“O de 'Sangenjo' demostra a carencia de sensibilidade da RAE”

O escritor, editor e xornalista cumpre 5 anos á fronte dunha institución da que confesa que “os debates máis duros son os da elección da figura á que se lle dedica o Día das Letras”

Víctor Freixanes

Víctor Freixanes / Ricardo Grobas

Salvador Rodríguez

Salvador Rodríguez

Sempre houbo debate sobre o uso dos topónimos, pero estes días ata intervíu a RAE para “autorizar” o uso de Sanxenxo en castelán (Sangenjo). Sorprendeulle?

–Non, no me sorprendeu en absoluto, porque xa chove sobre mollado. Non é a primeira vez que a Academia española amosa unha carencia de sensibilidade e, ao tempo, de entendemento nunha cuestión que ademáis de ser competencia da Xunta de Galicia, reflicte a realidade do país. Pero, xa digo, non é a primeira vez que a RAE sae con este tipo de pronunciamentos, o que si me sorprendeu foi que, nesta ocasión, chegue a afirmar que a forma tradicional é Sangenjo, cousa que, a verdade, eu non sei de onde a sacaron. Porque se hai unha forma tradicional é Sanxenxo xa que Sangenjo foi unha adaptación ortográfica que se fixo en durante o franquismo. De todas maneiras, polo menos eles recoñecen que a forma oficial é Sanxenxo, malia que, iso si, aceptan que falando en castelán se poida utilizar Sangenjo.

–E por que pasan estas cousas?

–Porque non hai espazos de diálogo entre as academias que existen no Estado. O problema estriba en que non saben nada de nós, e xa é ben sabido que o que non se coñece, non se ama. Hai que crear espazos de relación. De feito, nunha reunión que tivemos recentemente en Cádiz propuxen que as academias das linguas cooficiais de España deben, periódicamente, atopar canles de comunicación para falar destes e doutros temas. Trátase de saber uns dos outros para que sexa máis doado recoñecermos entre nós.

–Máis alá da consideración legal, que argumentos se poden exponer cando os castelán parlantes din comparan estes caso como os de London/Londres, Beijing/Pekin…

–Iso é certo. Ese é o problema dos exónimos, que ocorre en todas as linguas e que están xa moi introducidos na sociedade. Pero non é ese o caso de Sanxenxo, entre outras razóns porque os propio veciños de Sanxenxo saben que o nome da súa vila é Sanxenxo. E, despois, claro, cada quen é libre de decir as cousas que quere, nós non nos metemos nas conciencias da xente, pero si que nos pronunciamos no que consideramos que é un patrimonio histórico ao que non podemos, nin queremos, nin debemos renunciar.

Victor Freixanes

Víctor Freixanes / RICARDO GROBAS

–Un dos aspectos máis positivos do Día as Letras Galegas, ademáis da divulgación do autor homenaxeado, é que nestas datas volvese falar do galego. Tamén se aprecia desde a RAG ese retroceso no uso da nosa lingua, nomeadamente por parte da mocedade?

–Iso depende do punto de vista dende o que o queiras ver. É certo que se detecta que nas novas xeracións a lingua recúa, que os fillos das familias que usan o galego na casa, cando chegan á escola perden o galego ou non o usan con fruición e naturalidade. Esa é unha realidade obxectiva, ata o punto de que un dos problemas que máis preocupan a RAG é precisamente o da transmisión xeracional da lingua. E isto é unha responsabilidade de toda a sociedade, de toma de conciencia que a sociedade teña do valor do propio idioma. Hai que traballar cun rumbo determinado, trátase de que a sociedade galega interiorice que somos uns afortunados en ter unha lingua de identidade que, ademáis, non é unha lingua local, senón que se conecta co portugués/brasileiro, e que polo tanto ten unha proxeccion obxectiva no exterior. Se a iso lle sumas o castelán que, hai que decilo, non é unha lingua inimiga, senón útil para nós, e engádeslle o inglés, de ensino obrgatorio, os galegos atopámonos cun universo de comunicación inmenso de posibilidades. Visto así, a cousa cambia ¿non? Por iso os rapaces galegos que se están a formar no século XXI gozan dunha posición estratéxica que apenas se encontra noutro sitio do mundo. E ademáis temos un producto de calidade. E iso hai que transmitilo tamén, e de feito cada vez hai máis xente nova que entra nese discurso e na conciencia de que, grazas as novas tecnoloxías, a lingua de noso ten hoxe unha forza de comunicación e de representación coma non a tivo nunca antes.

–Ramón Villares afirmou que falar e escribir en galego ainda ten unha connotación e caéulle enriba un monllo de críticas…

–A lingua é sempre de todos, incluso dos que non a falan, porque é un patrimonio que herdamos dos devanceiros e temos que decidir que imos facer con ela pensando no futuro. É certo que hai determinados sectores sociais que teñen unha sensibilidade pola lingua que non teñen otros, tamén abonda a hipocresía social (xente que só usa o galego cando ten que facer a representación simbólica) e despois hai xente que lle pon etiqueta á ligua porque élle máis cómodo, por comenencia… E logo hai xente que está na militancia da lingua, e abofé que deles debemos sentirnos orgullosos.

–E tamén hai quenes se queixan da “imposición” da lingua galega…

–Pero, quen impón a lingua galega? Se hai unha instancia na que que se dictan imposicións esa é o sistema do poder do Estado que, ese si, impón o seu modelo á poboación.

–Outro debate moi propio destas datas é o de mudar o regulamento sobre a quen se homenaxea. Fálase, por exemplo, de deixarse xa desa clásusula pola que os autores deban levar máis de dez anos mortos…

–Hai debate, si. A Academia ten reflexionado sobre iso moitas veces, pero a miña opinión é que se decidísemos dedicar o Día as Letras Galegas a autores ou autoras vivos isto xeneraría un grande conflicto. A RAG ten que manexar un distanciamento obxectivo que permita valorar coa cabeza fría e a distancia que da o tempo a elección das figuras que representen a crónica deste país.

Víctor Freixanes

Víctor Freixanes / RICARDO GROBAS

–É que as veces da a impresión de que a RAG elixe a autores que apenas tiveron repercusión o que non os coñecen nin na súa casa, con perdón.

–Pois mira. Nestes momentos hai uns vinte candidatos enriba da mesa para que se lle dedique o Día das Letras do ano que ven. O ano pasado, por exemplo, criticousenos que elixiramos, por exemplo, a Florencio Delgado Gurriarán porque Seica era pouco coñecido. Pois vale, pero resukta que ese señor representa, xunto a outros en en diversas artes, todo o exilio galego en México, representa un capítulo importantísimo na historia da cultura galega e da dignidade democrática de Galicia…E grazas a iso, coñécese ese capítulo da nosa historia cultural que doutro xeito iria esmorencendo. Eu particularmente síntome moi satisfeito de ter participado na elección de Florencio, de feito foi o acto central das Letras Galegas máis multitudinario, emocionante e participativo socialmente que recordo na miña vida, e eu xa teño idade!

–Con Carvalho Calero xa se saldou unha asignatura pendente ao dedicralle o Día das Letras Galegas en 2019. Pero, ainda está descartado que un reintegracionista sexa membro da Academia?

–A Academia ten unha posición moi definida niso, e ademáis moi estudada e meditada. Nós cremos que a lingua galega existe, e que ten unha irmandade histórica obxectiva co portugués, e traballamos nese espazo de diálogo entre o galego e o portugués. Incluso somos partidarios de que a lingua portuguesa se estude nas escolas galegas. Pero o que non queremos é forzar o espírito do idioma galego.

"A galega é a academia do estado con maior presenza de mulleres , tanto numerarias coma honoríficas e correspondentes”

–E outro debate máis: a ainda escasa presenza de mulleres membros…Estaría disposta a Academia a aceptar unas normas arredor de cuestións como a discriminación positiva, ou o do 50 por cento membros homes, e o 50 por cento mulleres…

–Pois mira por onde, a galega é a Academia con maior presenza de mulleres en España. Dende que eu son presidente a porcentaxe de académicas incorporadas ás cadeiras académicas é dun 80% a 20% en favor das mulleres. E dígoche máis: contamos con nove académicas numerarias, dúas de honra, e quince correspondentes. En canto á executiva, de cinco membros, tres son mulleres.

–Ou sexa, que practican a discriminación positiva.

–Si, e non. Todas as persoas que entran na Academia fanno porque teñen méritos dabondo e indiscutibles. O que a RAG pretende é ser o máis plural posible, e dentro desa pluralidade está o aumento da presenza de mulleres…sempre e cando teña os méritos esixidos, loxicamente.

Víctor Freixanes

Víctor Freixanes / RICARDO GROBAS

–Falando de mulleres, velaí está o asunto da linguaxe inclusiva. É un tema que xa se ten en conta nos diccionarios na RAG?

–Dentro da Academia hai varias opinión a este repecto, como era de esperar. En xeral, predomina a opinión de que a Academia é unha institución que debe actuar con prudencia, que debe traballar coa lingua que se vai posicionando e asentando na sociedade. E está claro quea sociedade está a levar uns procesos de transformación que esta que loxicamente vanse manifestar no idioma, tanto no léxico como na utilización do xénero. A linguaxe inclusiva? Na meda do posible debemos incorporala, pero non podemos forzar a lingua a situacións extremas…É decir, eu dende logo non me vexo escribindo con arrobas e con equis.

–Resulta do máis lóxico que haixa disparidade de criterios dentro da Academia pero é que desde fora semella que que os académicos funcionan por grupos organizados e cada un deles actúa cuns determinados intereses detrás.

–Na Academia hai sensibilidades distintas que se manifestan as veces nas liñas de traballo e de funcionamento, pero non teño constancia dalgunha desavenencia importante. Existen correntes distintas, si, pero iso ocorre en todas as academias, e no noso caso sobre todo cando se elixe á figura á que se lle vai dedicar o Día das Letras. Pero unha vez elixido, todos pechamos filas. Porque todos os que estamos RAG somos moi conscentes de que este país necesita institucións estables, con prestixio e credibilidade, e a Academia é unha delas, ou alomenos traballamos todos os días porque asi sexa.De feito, unha das cousas das que me sinto máis orgulloso da miña presidencia é de que estánse a pechar certas feridas que ficaban aí e que, vaia, vanse curando.

Suscríbete para seguir leyendo