Cultura, deporte e música para todos os públicos
O Concello de Barro énchese de actividades ao longo de catro días para brindar por unha nova edición da súa Festa do Viño

Ambiente que presentaba o Pazo da Crega durante a edición pasada da Festa do Viño de Barro. / GUSTAVO SANTOS
M. González
A Festa do Viño de Barro acada a súa 44 edición, e faino por todo o alto. Dende hoxe e ata o vindeiro domingo 18, a localidade propón unha morea de actividades nas que a música, o deporte e a cultura terán un papel protagonista compartido cos viños que se poderán degustar durante o certame. Así, esta mesma tarde dará comezo, ás 17.00 horas, a Festa Infantil no pavillón,, con inchables e xogos para a cativada. A Gramola Gominola fará as delicias do público máis novo, na carpa do Pazo da Crega, ás 20.00 horas, para dar paso, a partir das 22.30 horas, a Jorge Menéndez Quartet.
Para a xornada de mañá está previsto o Trofeo de fútbol Festa do Viño no campo de Outeiro, ás 18:00 horas. Máis tarde, ás 20.30 actuará o Grupo de Danzas “Amor Ruibal” de Barro. Posteriormente, ás 21.00 horas, será a inauguración do XVI Certame de viños D.O. “Rías Baixas” e pregón a cargo de Iria Viqueira Cespón, que será amenizado pola actuacióndo grupo Os Alegres. Xa pola noite, a primeira gran verbena correrá a cargo das orquestras Marbella e Olympus.
Coa chegada da fin de semana, coñecerase o desenlace do Trofeo Festa do viño no Outeiro, e xa pola tarde, ás 17.00 horas, celebrarase a final senior do IX Torneo de tenis Festa do Viño. Ás 20.00 horas actuará en concerto a Coral Polifónica de Barro no Pazo da Crega, o Grupo de pandereteiras Peñaflor, e Habaneras a cargo do parroquial da Portela. Para rematar a noite do sábado haberá verbena, desta volta con Miramar e Trébol.

Ambiente que presentaba o Pazo da Crega durante a edición pasada da Festa do Viño de Barro. / GUSTAVO SANTOS
O broche de ouro para esta XLIV Festa do Viño de Barro chegará o ao longo da xornada do domingo, que comezará coa xuntanza de Vespas, Lambrettas e motos clásicas; a Cata de viños albariños D.O. “Rías Baixas” e de viños casiros,ás 10.30 horas. As 11.30 horas comezará a animación musical coa Charanga Alambique. Ás 12.00 horas os presentes poderán degustar a sardiñada e viño, para dar paso, ás 13.30 horas, á entrega de premios no Pazo da Crega.
Ás 15.00 horas chegará o agardado Xantar da Festa do Viño, para o cal os asistentes tiveron ata o pasado día 14 de xuño para retirar as entradas. Xa pola noite, para pechar a programación, haberá concerto de Pelepau sinfónico coa Banda de música Xuvenil de Barro. Será ás 21.00 horas.
Pregón e homenaxe
Por outra banda, a XLIV Festa do Viño de Barro quere render unha homenaxe ao Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal de Barro no 40 aniversario da súa fundación, polo que a integrante en activo que máis veces vestíu o traxe tradicional terá a honra de ser a pregoeira da Festa.Iria Viqueira, natural da parroquia de Curro, ten 37 anos, é profesora de educación infantil e leva formando parte do Grupo de Danzas Amor Ruibal desde os 6 anos.O gran traballo que o Grupo de Danzas Amor Ruibal de Barro leva facendo ao longo destas catro décadas de vida, coidando e divulgando a cultura tradicional, así como formando a tantos rapaces como rapazas da localidade, é o motivo polo que o Concello de Barro lle rende homenaxe nesta edición da Festa do viño.
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego
- Raúl Pérez rescata de la ría de Arousa un albariño con más de 15 años de crianza bajo el mar
- Un motorista herido tras chocar contra un furgón de limpieza en Vigo
- Muere un hombre en un atropello en Cambados
- «Nuevo Zumaya», otro que marcha a Namibia: Galicia pierde cuatro veces la capacidad de la flota de Gran Sol con los éxodos a África
- Povisa, 53 años después: del hospital de los médicos vigueses a la incertidumbre de Vivalto
- El nuevo «Silicon Valley» gallego se estrena en Vigo
- La educación concertada se planta ante la Xunta en Vigo: «Solo la homologación de las condiciones laborales»