Cinema

Redondela acolle este mes a rodaxe da película San Simón

O filme, baseado en feitos reais, recolle a historia desta illa como prisión

Rodaxe do filme San Simón.   | // D.P.

Rodaxe do filme San Simón. | // D.P. / D.P.

D.P.

O concello de Redondela e a illa de San Simón acolleron este mes a rodaxe da película San Simón, dirixida por Miguel Ángel Delgado, que recrea o pasado da illa como campo de concentración franquista, polo que pasaron más de 6000 persoas presas entre 1.936 e 1.943.

O filme baséase en historias reais e conta no seu reparto cos actores redondeláns “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giráldez, así como cun corpo de figurantes composto en grande parte por veciños e veciñas do municipio, e familiares de persoas que pasaron pola illa. Tanto o director como a produtora, Andrea Vázquez, decidiron apostar por un elenco con protagonismo coral, contando con arredor de 3000 actores para a rodaxe. Algúns dos intérpretes escollidos son intérpretes de carreira, e outros non teñen experiencia. Nalgúns días de rodaxe chegará a haber traballando 200 actores no set.

A estrea deste traballo está prevista para finais de 2024 ou comezos de 2025, e ademais do filme, aproveitaranse todos os materias conseguidos nos anos de investigación previa para elaborar un documental que conte a historia de San Simón co maior detalle.

O director destaca o “proceso de retroalimentación” que viven cando algúns dos intérpretes locais escollidos en Redondela lles falan da historia dos seus antepasados no campo de concentración.