Tui

Isabel Blanco lerá o pregón das festas patronais de San Telmo

Será o vindeiro sábado e marcará, xunto a Fillas de Cassandra o inicio dos actos que se prolongarán ata o luns 8 de abril

Isabel Blanco.   | // FDV

Isabel Blanco. | // FDV / d. p.

d. p.

As Festas de San Telmo reafirman o seu carácter de interese turístico galego coa transformación iniciada hai uns anos, e continúan coa potenciación dos valores locais. O programa festivo, que se vai desenvolver do sábado 30 de marzo ao luns 8 de abril, abrangue actividades para todas as idades cunha ampla oferta na que salienta a colaboración das distintas asociacións tudenses.

Fillas de Cassandra actuarán o sábado 30.   | // FDV

Fillas de Cassandra actuarán o sábado 30. | // FDV / d. p.

O pregón da actriz Isabel Blanco abrirá o programa festivo o sábado 30 ás 12.45 horas na praza da Inmaculada. Nesta primeira xornada celebrarase a IV Gala Premios Cidade de Tui no Teatro Municipal. Fillas de Cassandra encabezan o cartel musical deste ano co concerto que ofrecerán esa mesma xornada, á media noite, no Recinto Feiral. Previamente actuará Quinkillada e para pechar a noite contarase con Dj Amarok

Mondra actuará o domingo 7 no Espazo Feiral. Pero amais na programación figuran tamén concertos de The Turre’s Band, Manuel Madarnás, Pacheco Bros, Acevedos Delgados, La Timba Mullallo, Gin Tonic e D’Crooners Band,

O público infantil e familiar poderá gozar con “Os ourizos agarimosos”, Barafunda, Peter Punk,e O Show de Fifo.

O son das bandas de música Popular de Tui, Xuvenil de Tui, a Agrupación Musical do Rosal, a Unión de Guláns, e a Escola Naval Militar de Marín. As corais tudenses do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo actuarán no centro de día Amoralia e nas residencias Paz e Ben e San Telmo. Nas rúas de Tui non faltará a animación das charangas A Tu Ritmo e Cantos Somos, de Pulpiño Viascón, Troula, e na carpa da Corredoira actuará o alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Tui.

Non faltará a música tradicional co Festival Folclórico o domingo 31, pero tamén cos grupos Santa Columba de Ribadelouro, as bandas de gaitas “Arume” de Malvas, e “Lembranzas da Terra” de Guillarei.

As verbenas serán amenizadas por América, La Oca Band, Claxxon, Los Players, e actuará tamén Dj Enter.

Gastronomía

A gastronomía estará moi presente nas festas tanto pola Festa do Meixón, coma polo III Encontro de Viños da Raia que se desenvolverá o sábado 30 e o domingo 31, así coma polos postos gastronómicos a cargo de asociacións culturais tudenses que haberá no Recinto Feiral.

Cómpre salientar tamén un ano máis a exposición de Fotografía Antiga de Tui que recuperará imaxes que forman parten xa da nosa historia. Do luns 1 ao venres 5 o Teatro Municipal acollerá unha nova edición do Festival de Teatro Amador a cargo dos grupos locais CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins e A Insua, que estrearán aquí as súas novas montaxes.