Semana santa

A confraría máis antiga de Galicia é baionesa

A Irmandade da Santa Casa de Paz e de Misericordia cumple o 5 de abril 450 anos

Procesión da Irmandade da Santa Casa.  | // D.P.

Procesión da Irmandade da Santa Casa. | // D.P. / d. p.

d. p.

A Irmandade da Santa Casa de Paz e de Misericordia de Baiona cumple o vindeiro 5 de abril 450 anos, sendo a confraría máis antiga de Galicia.

O Concello de Baiona quere difundir a historia da entidade, fundada o 5 de abril de 1574 cunha exposición de fotografías no recibidor do Concello. Todas as persoas interesadas en coñecer a historia da Irmandade de Baiona, a máis antiga de Galicia, poderán gozar desta exposición do 17 de marzo ao 7 de abril.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, sinala que: “Dende o Concello de Baiona consideramos á Santa Casa unha parte moi importante do noso patrimonio cultural e relixioso”, responsable da organización dos actos centrais da Semana Santa baionesa, entre os que destacan a procesión dos Pasos

Segundo os seus documentos fundacionais, a confraría, autorizada expresamente polo Rei Felipe II, naceu para facer obras de compaixón nunha vila que sufría constantes ataques por parte dos piratas e do Reino de Portugal.

Procesións

A Santa Casa de Paz e Misericordia de Baiona atópase inmersa nos preparativos das procesións de Semana Santa. Tras semanas de ensaios e preparativos na capela da Misericordia, os máis de sesenta costaleiros volverán portar dende as oito da tarde do xoves santo a oración da horta dos olivos, a flaxelación de Xesús atado á columna, o Ecce Homo, o Xesús da primeira caída, o Xesús axudado por Simón de Cirene, o Xesucristo crucificado e a Virxe da Primeira Dor.

O Via Crucis na Igrexa Parroquial iniciará a xornada do Venres Santo ás 10:00, dende onde sairá ás 20:00 a Procesión do Santo Enterro, acompañada pola Banda de Música de Baiona. Ás 23:00 horas sairá dende a Igrexa Parroquial a Procesión da Soidade só para mulleres.