Deporte

Ana Gómez completa os Abbot World Marathon Majors

Ana Gómez completa os Abbot World Marathon Majors

Ana Gómez completa os Abbot World Marathon Majors

A atleta porriñesa Ana Gómez regresou de Tokio coa medalla das seis estrelas logo de completar o último dos seis maratóns máis importantes do mundo. Tratase do Abbot World Marathon Majors, circuíto que comprende ademais da capital xaponesa, Boston, Londres, Berlín, Chicago e Nueva York. Na súa volta a casa foi sorprendida entre aplausos por todo o cadro de persoal do Concello do Porriño, onde traballa. O alcalde Alejandro Lorenzo fíxolle entrega dun agasallo en recoñecemento polo logro deportivo acadado.